Marcel Moyse
Marcel Moyse | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Marcel Moyse |
Data nacemento | 17 de maio de 1889 |
Nado en | Saint-Amour |
Falecemento | 1 de novembro e 1984 en Brattleboro, Vermont ![]() |
Brattleboro | |
Ocupación | frautista |
Instrumento(s) | frauta traveseira |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() |
Marcel Moyse, nado o 17 de maio de 1889 e finado o 1 de novembro de 1984, foi un famoso frautista francés para o que se escribiron moitas pezas (por exemplo, o Concerto de Jacques Ibert en 1934). Tamén foi un gran mestre de frauta e autor de numerosos estudos e exercicios de frauta.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu en St. Amour, Francia. Estudou no Conservatorio de París e foi alumno de Philippe Gaubert, Adolphe Hennebains e Claude-Paul Taffanel, que eran distinguidos virtuosos do seu tempo. O seu ton característico era limpo, flexible e penetrante. Este era o estilo francés de frauta que ía influenciar no criterio moderno dos frautistas de todo o mundo.
Marcel Moyse foi o fundador da Academia de Música e Festival Marlboro. Era un inspirado mestre que se esforzaba en ensinar aos seus alumnos non como tocar a frauta mais facer música. Actuaba decotío xunto ao seu fillo Louis Moyse (1912-2007). Algúns dos seus alumnos foron Trevor Wye, William Bennett, Sir James Galway, Jean-Claude Gérard e Conrad Klemm.
Marcel Moyse finou o 1 de novembro de 1984 en Brattleboro, Vermont, en Estados Unidos.
Entre os moitos estudos que escribiu, destaca Tone Development Through Interpretation, publicado por McGinnis & Marx.
Publicacións[editar | editar a fonte]
- 1921
- Etudes et Exercises Technique
- 1922
- Exercises Journaliers
- 1927
- 24 Etudes de Virtuosity Czerny
- Mecanisme Chromatisme pour Flute : Leduc
- Ecole de l'articulation : Leduc
- 1928
- 25 Etudes Melodique (Var)
- Chopin : 12 Etudes de Grand Virtuosity : Leduc
- 20 Etudes d'apres Kreutzer
- 100 Etudes faciles et progressives d'apres Cramer : Vol 1
- 100 Etudes faciles et progressives d'apres Cramer : Vol 2
- 24 Petites Etudes Melodique (Var)
- 1934
- De la Sonorite
- Outros
- 25 Etudes Journalier (Op-53) Soussman
- Gammes et Arpeges : Leduc
- Le Debutant Flutiste (1935)
- 24 Caprices-Etudes : Boehm Op. 26 (1938)
- Tone Development Through Interpretation
- 20 Exercises et Etudes sur les Grandes Liaisons
Gravacións[editar | editar a fonte]
- As Obras Completas do Grande Frautista - unha caixa de cinco CDs de gravacións restauradas e remasterizadas, incluíndo os seus estudos e os de Andersen, solos de frauta e música de cámara.
Arquivos[editar | editar a fonte]
- Os documentos de Marcel Moyse están na División de Música da Biblioteca Pública de Nova York para as Artes escénicas, en Nova York. A colección inclúe: fotografías inéditas; cartas a Moyse de músicos coñecidos como Gaubert, Ibert ou Rampal; manuscritos dos libros de estudo non publicados; son e cintas de vídeo de leccións e clases maxistrais.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Marcel Moyse en flutehistory.com Arquivado 22 de xuño de 2008 en Wayback Machine. (en inglés)
- Sociedade Marcel Moyse (en inglés)
- Documentos de Marcel Moyse Arquivado 24 de setembro de 2020 en Wayback Machine. (en inglés)
- División de Música da Biblioteca Pública de Nova York para as Artes Escénicas (en inglés)