Jaime González Chas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJaime González Chas
Biografía
Nacemento11 de agosto de 1933 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte28 de novembro de 2011 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntirador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
DeporteTiro deportivo Editar o valor em Wikidata
Participou en
1980Xogos Olímpicos de 1980
1976Xogos Olímpicos de 1976
1972Xogos Olímpicos de 1972
1968Xogos Olímpicos de 1968 Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeEvelyne Manchon

Olympic.org: jaime-gonzalez-chaz Editar o valor em Wikidata


Jaime González Chas, nado na Coruña o 11 de agosto de 1933 e finado en Arteixo o 28 de novembro de 2011, foi un tirador galego, que participou en catro Xogos Olímpicos (Cidade de México 1968, Múnic 1972, Montreal 1976 e Moscova 1980).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

González Chas foi o practicante de tiro deportivo con maior transcendencia de Galicia. Practicante de diversas especialidades, proclamouse campión de España en 59 ocasións. En 1968 participou por primeira vez nos Xogos Olímpicos, na edición de México (posto 31º), participación olímpica que revalidou en Múnic 1972, onde obtivo o seu resultado internacional máis destacado, pois conseguiu un diploma olímpico ao rematar en quinta posición na final de pistola de velocidade 25 metros, competición gañada polo polaco Józef Zapedzki. Tamén participou en seis edicións do Campionato Mundial de Tiro.[1]

Participou posteriormente en dúas edicións olímpicas máis como tirador, Montreal 1976 (20º clasificado) e Moscova 1980 (22º clasificado[2]), e en dúas edicións como adestrador e seleccionador de España (Barcelona 1992 e Atlanta 1996). Despois da súa retirada da práctica do tiro en activo dedicouse á formación e ao adestramento da especialidade.

Foi socio fundador da Real Sociedade Deportiva Hípica da Coruña.

Obra[editar | editar a fonte]

  • La preparación del tirador (1997)

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "De historia a leyenda". Faro de Vigo (en castelán). 2011-11-30. Consultado o 2022-12-10. 
  2. Ficha na web do COE Arquivado 31 de maio de 2020 en Wayback Machine., Comité Olímpico Español.
  3. Necrolóxica[Ligazón morta] en La Voz de Galicia, 29/11/2011.