Conversa:Jaime González Chas

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dúbida de procedemento[editar a fonte]

Ao facer esta entrada, atopeime con que todas as notas de prensa falaban del como persoa da Coruña, pero na necrolóxica [1] dicíase que era fillo adoptivo da cidade. O título de fillo adoptivo resérvase ás persoas que naceron fóra do concello da Coruña, co cal non podía ser que nacese na Coruña. Mandeilles un correo ás persoas do Club de Hípica e ao concello da Coruña. Na Hípica confirmáronme que segundo o que eles sabían nacera na Coruña. No concello, ademais de confirmárenme que naceu na Coruña (se ben non indicaron a fonte), recoñecéronme que González Chas nunca fora nomeado nin fillo adoptivo nin fillo predilecto da Coruña. Problema... iso foi unha investigación persoal miña aínda qus os datos achegados non sexan meus. Revisei a política da en.wp e gustaríame ter unha opinión de terceiros. Solucións:

  • mantemos que foi fillo adoptivo, pois esas son as fontes ocumentais que posuímos.
  • quitámoslle o título achegando como proba os pdfs dos correos electrónicos enviados polo Concello
  • outra opción que a min se me escape.

Que dicides? --Xabier Cid Talk 2 me, please 11:55, 1 de decembro de 2011 (UTC)

    • Deixemos que é nado na Coruña (fontes: Comité Olímpico, Ideal Gallego, mais información directa do concello da Coruña, que non vexo incompatible cos principios da Galipedia). A adopción que di La Voz pode pasar, se queredes mantelo, a unha nota a rodapé. Creo que unha cousa é ser rigoroso, e Xabier éo a boa fe) e outra que certo nivel de proído nos faga dar información que nos consta como inexacta. Pedro --Lameiro (conversa) 21:52, 5 de decembro de 2011 (UTC)
Eu vendo o artigo do [2] asumo que naceu na Coruña porque di: "si algo siento es que no se me valore en mi propia ciudad.", e según o mesmo artigo di que lle deron a medalla da cidade, non que o nombraran fillo adoptivo: "Tengo la medalla de la ciudad, me la entregaron hace años y se olvidaron de mí.". Ademais da ficha do COI e tódalas referencias que hai nas notas de prensa do seu falecemento, aínda que supoño que virán todas da mesma fonte. Busquei agora un pouco sobre o tema e non atopei nada, en tódolos lados pon que era da Coruña, así que coincido con Lameiro en que si se quere pode poñerse como nota engadindo esa referencia. Ó mellor o que quere dicir a necrolóxica é que non naceu na cidade pero que viveu nela case toda a súa vida e xa se consideraba que era dalí. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14:28, 22 de decembro de 2011 (UTC)