Concello de Enköping
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Suecia | ||||
| Condado | condado de Uppsala | ||||
| Capital | Enköping (pt) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 48.867 (2025) | ||||
| Lingua oficial | lingua sueca lingua finesa | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 1.324,18 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | City of Enköping (en) | ||||
| Creación | 1 de xaneiro de 1971 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | Jūrmala concello de Haapsalu Jyväskylä (1947–) Esbjerg Municipality (en) Stavanger (1948–) Erlangen (1961–) Usangi (en) Bridgeton (pt) Lviv (1994–) Gatchina (pt) Fjarðabyggð (pt) Mysore (2009–) | ||||
| Sitio web | enkoping.se | ||||
Enköping é un municipio sueco (kommun) do condado de Uppsala.[1] A súa capital é Enköping. En decembro de 2024 o concello tiña unha poboación de 48 591 habitantes.[2]
A parte meridional do concello de Enköping está formada por unah paisaxe agrícola aberta e escasamente poboada con illas de morena. Tamén hai morenas terminais, especialmente na zona ao sur de Härkeberga. A parte norte está cuberta de bosque agás nos vales, que en cambio consisten nunha paisaxe agrícola. Ao redor do 45 por cento da superficie do concello e terreo cultivado, moi por riba da media do país, que é do 7,4 por cento. Porén, a gran proporción de terras agrícolas non se reflicte na economía local, que historicamente se caracterizou pola produción de ferramentas. A principios da década de 2020 a actividade económica local estaba dominada polas industrias de servizos.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello está situado na parte occidental da provincia histórica de Uppland e limita ao norte co municipio de Heby, ao nordés co de Uppsala e ao leste co de Håbo, todos no condado de Uppsala. Ao noroeste Enköping limita co municipio de Sala e ao oeste co de Västerås, os dous no condado de Västmanland, e ao sur limita con Strängnäs, en Södermanland, e ten fronteira marítima con Ekerö, en Estocolmo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-17.
- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-08.
