Concello de Gävle
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Suecia | ||||
| Condado | condado de Gävleborg | ||||
| Capital | Gävle | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 104.108 (2025) | ||||
| Lingua oficial | lingua sueca lingua finesa | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 3.197,86 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 1 de xaneiro de 1971 | ||||
| Organización política | |||||
| • Chairman of the municipal board in Gävle Municipality, Sweden (en) | Q133550043 Håkan Vestlund (1977–1996) Eva Gillström (1996–1998) Mats Ågren (1998–2006) Carina Blank (2007–2014) Jörgen Edsvik (2014–2015) Inger Källgren Sawela (en) Patrik Stenvard (2018–2018) Åsa Wiklund-Lång (2019–) | ||||
| Membro de | |||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | gavle.se | ||||
Gävle é un municipio sueco (kommun) do condado de Gävleborg.[1] A súa capital é a cidade de Gävle, que tamén é a capital do condado.
O municipio é o 18º con máis poboación de Suecia (2024) e o de máis poboación do condado de Gävleborg con 103 838 habitantes.[2]
Historia administrativa
[editar | editar a fonte]A área do concello correspóndese coa das parroquias de Hamrånge, Hedesunda, Hille e Valbo. Nesas parroquias fundñaronse concellos rurais co mesmo nome coa reforma municipal de 1862. Dentro da zona estaba tamén a cidade de Gävle que en 1863 fundou un concello urbano.
A reforma municipal de 1952 no afectou a ningunha das divisións da zona.
No ano 1969 incorporáronse á cidade os concelos rurais de Hamrånge, Hedesunda e Hille. O municipio de Gävle formouse coa reforma municipal de 1971 a partir da cidade de Gävle e do concello rural de Valbo.[3]
Xeografía
[editar | editar a fonte]Gävle está situado no leste do landskap de Gästrikland e esténdese ao longo de toda a costa de Gästrike (Gästrikekusten). O concello limita ao sueste cos municipios de Älvkarleby e Tierp, e ao sur co de Heby, os tres no condado de Uppsala. Ao oeste limita cos concellos de Sandviken e Ockelbo, e ao norte co de Söderhamn, no condado de Gävleborg. O río Gavleån, que atravesa Gävle, e o río Dal no sur do concello, flúen en dirección oeste-leste cara a baía de Gävle e o golfo de Botnia.
Topografía e hidrografía
[editar | editar a fonte]O municipio atópase por debaixo da liña de costa máis alta (högsta kustlinjen),[4] o nivel ao que o mar alcanzou o seu punto máis alto durante a idade de xeo. O leito rochoso está formado pola cordilleira sueco-carelia e as rochas superficiais consisten en rochas metavolcánicas e metasedimentarias. Na área de Gävle-Sandviken hai un arenito de cor vermelloamarelo a vermello da idade xotniana que é coñecido como Gävlesandsten.[5] Dende o río Skärjån ata Gävle a costa é aberta, pero fóra de Gävle hai dúas baías relativamente pouco profundas.[4] No arquipélago de Gävle atópase a idílica illa estival de Limön, que xa no século XIX era un destino de excursións.[6]
Os cursos de auga Gavleån, que atravesa Gävle, e Dalälven, na parte sur do municipio, desembocan en dirección oeste-leste á baía de Gävle e ao mar de Botnia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-21.
- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-09.
- ↑ Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 978-91-87784-05-7.
- 1 2 "Bakgrund - Gästriklands Vattenvårdsförening". www.gastriklandsvattenvardsforening.se. Consultado o 2025-03-22.
- ↑ "Geologiska förutsättningar och prospekterings- potential i Stockholm Business Alliance medlemskommuner" (PDF). bergskraft.se. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de agosto de 2022. Consultado o 22 de marzo de 2025.
- ↑ "Gävlekusten". Visit Gävle. 2022-08-25. Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2022. Consultado o 2025-03-22.
