Isabel de Castro e Andrade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Isabel de Castro e Andrade
Nome completoIsabel de Castro y Andrade
Nacemento1528
Lugar de nacementoPontedeume
Falecemento1582
Lugar de falecementoPontedeume
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritora
PaiFernando Ruiz de Castro y Portugal
NaiTareixa de Andrade e Ulloa
CónxuxeRodrigo de Moscoso Osorio Álvarez de Toledo
FillosMarianna de Castro Osorio e Lope de Moscoso Osorio
editar datos en Wikidata ]

Isabel de Castro e Andrade, condesa de Altamira, nada en Pontedeume probablemente en 1528 e finada na mesma vila en 1582, foi unha nobre e escritora galega, considerada como a primeira poeta renacentista en galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pouco se coñece da súa vida. Era a filla máis nova de Fernando Ruiz de Castro Osorio, cuarto conde de Lemos, e de Teresa de Andrade, filla do conde Fernando de Andrade. Isabel casou en 1555 co, tamén poeta, Rodrigo de Moscoso Osorio e Álvarez de Toledo, quen herdara o condado de Altamira, de quen ela recibiu o título.

Artigo de Eugenio Carré.[1]

Coñéceselle algunha obra poética en castelán ("A la rosa") e mais un único soneto en galego, "Soneto de la Señora Dona Isabel de Castro y Andrade a Don Alonso de Ercilla", que é unha das poucas pezas literarias cultas que se conservan dos Séculos Escuros. O soneto, datado en 1578, está dedicado ao escritor castelán Alonso de Ercilla, co gallo da publicación da segunda parte da súa obra épica La Araucana.

A súa vila natal honrouna cun monólito en 1975.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Carré Aldao, Eugenio (1916). "Una poetisa gallega del siglo XVI". Boletín de la Real Academia Gallega (en castelán) (110): 39–42. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2019. Consultado o 13 de outubro de 2018. 
  2. "Castro y Andrade, Isabel de". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]