Tsukuba (つくば市, つくばし, Tsukuba-shi) é un concello xaponés da prefectura de Ibaraki. Está situado no centro da rexión de Kanto e no suroeste da prefectura, na zona de provincia histórica de Hitachi, na parte leste da illa de Honshu. A súa superficie é de 284,07km², a poboación é de 209.388 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 737 hab./km².