Instrumento de medida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
As regras son os instrumentos de medida máis populares.

Un instrumento de medida[1] é un aparello que se usa para comparar magnitudes físicas mediante un proceso de medición. Como unidades de medida utilízanse obxectos e sucesos previamente estabelecidos como estándares ou patróns, e da medición resulta un número que é a relación entre o obxecto de estudo e a unidade de referencia. Os instrumentos de medida son o medio polo que se fai esta lóxica conversión.[2]

Características principais[editar | editar a fonte]

Un reloxo.

As características máis importantes dun instrumento de medida son:

  • Precisión[3]: é a capacidade dun instrumento de dar o mesmo resultado en medicións diferentes realizadas nas mesmas condicións
  • Exactitude[4]: é a capacidade dun instrumento de medir un valor próximo ao valor da magnitude real
  • Apreciación[5]: é a medida máis pequena perceptible nun instrumento de medida
  • Sensibilidade[6]: é a relación de desprazamento entre o indicador da medida e a medida real.

Tipos[editar | editar a fonte]

Utilízanse unha gran variedade de instrumentos para levar a cabo medicións das diferentes magnitudes físicas que existen. Desde obxectos sinxelos como regras e cronómetros até os microscopios electrónicos e aceleradores de partículas.[7]

Deseguido indícanse algúns instrumentos de medición existentes en función da magnitude que miden:

Para medir masa:

Para medir tempo:

Para medir lonxitude:

Para medir ángulos:

Para medir temperatura:

Para medir presión:

Para medir velocidade:

Para medir propiedades eléctricas:

Para medir volumes:

Para medir peso:

Para medir outras magnitudes:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Instrumento.
  2. Tremblay, Marc-Adélard (1968). "Initiation à la recherche dans les sciences humaines" (PDF) (en francés). p. 360. Consultado o 18 de febreiro de 2017. .
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Precisión.
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Exactitude.
  5. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Apreciación.
  6. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Sensibilidade.
  7. Jean, Cardinet (c1988). De Boeck Université, ed. Évaluation scolaire et mesure. ISBN 2-8041-0916-X. .

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]