Cronómetro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un cronómetro é un reloxo de alta precisión. A comezos do século XIX, o reloxeiro suízo Louis Berthoud, inventou o cronómetro e foi perfeccionado o sistema de corda.

Usos e tipos[editar | editar a fonte]

Son empregados polos navegantes para determinar a lonxitude xeográfica e calcular a súa posición en mar a fóra ou para medir tempos entre sucesos. Así mesmo eran usados por astrónomos e xoieiros para calibrar instrumentos de medida.

A aplicación do cronómetro é semellante á dun reloxio que mide con gran precisión un tempo determinado. Úsase tamén en competicións deportivas, e en medición de tempos en carreiras de animais (cronógrafo).