Termopar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Diagrama de funcionamento dun termopar.

Un termopar é un transdutor formado pola unión de dous metais distintos que produce unha diferenza de potencial moi pequena (da orde dos milivolts) que é función da diferenza de temperatura entre un dos extremos, denominado «punto quente» ou «unión quente» ou de «medida» e o outro, chamado «punto frío» ou «unión fría» ou de «referencia» (efecto Seebeck).

Normalmente os termopares industriais están compostos por un tubo de aceiro inoxidábel ou outro material. Nun extremo do tubo está a unión, e no outro o terminal eléctrico dos cabos, protexido dentro dunha caixa redonda de aluminio (cabezal).

En instrumentación industrial, os termopares úsanse como sensores de temperatura.

Son económicos, intercambiábeis, teñen conectores estándar e son capaces de medir un amplo rango de temperaturas.

A súa principal limitación está na exactitude, pois é fácil obter erros do sistema cando se traballa con precisións inferiores a un grao Celsius.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.