Saltar ao contido

Seseña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Seseña
 Nome oficial
    Seseña (es) Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
seseñero (es)
seseñera (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Implicados
 Xefe do goberno
Localización
 Situado en
 Continente
 Capital
 Comparte fronteira con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
4.801 (2001) rexistro civil
5.345 (2002) rexistro civil
7.621 (2004) rexistro civil
9.290 (2005) rexistro civil
10.854 (2006) rexistro civil
12.097 (2007) rexistro civil
13.843 (2008) rexistro civil
16.231 (2009) rexistro civil
17.522 (2010) rexistro civil
18.504 (2011) rexistro civil
19.109 (2012) rexistro civil
20.578 (2013) rexistro civil
21.121 (2014) rexistro civil
21.558 (2015) rexistro civil
22.027 (2016) rexistro civil
22.992 (2017) rexistro civil
24.255 (2018) rexistro civil
25.835 (2019) rexistro civil
27.066 (2020) rexistro civil
27.466 (2021) rexistro civil
28.102 (2022) rexistro civil
29.271 (2023) rexistro civil
30.165 (2024) rexistro civil
30.907 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   12.552 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   13.283 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   72,68 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   598 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal45223 Editar o valor en Wikidata
Código INE45161 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap343004 Editar o valor en Wikidata
VIAF316735039 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02z8hph Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Descrito pola fonte
BNE: XX461704
Wikidata C:Commons

Seseña é un concello español da provincia de Toledo, en Castela-A Mancha. É limítrofe coa Comunidade de Madrid e atópase a 36 km do centro de Madrid. Pertence á histórica comarca de La Sagra.

Tiña en 2025 unha poboación de 30. 165 habitantes, repartidos en cinco núcleos de poboación: Seseña Viejo, La Estación, Seseña Nuevo (a 4 km do núcleo principal), Vallegrande e El Quiñón.

Esta terra, pola súa proximidade a unha zona de regadío, está presente desde temperáns tempos, na historia da provincia de Toledo. No século XII, Afonso VIII dá ao bispo Alderico, da catedral de Sigüenza, unha herdade preto do Jarama e do Texo, que despois cambia o rei co bispo por un muíño en Berlanga. O mesmo soberano fixo concesións sobre as salinas de Las Espartinas. Foi vila do señorío do infante don Felipe, comprendido no estado de Chinchón. A vila repóboase a mediados do século XV, durante o reinado de Xoán II, que para mantela fai mercé aos seus veciños da metade do termo de Las Espartinas; doazón que logo confirma o seu sucesor Henrique IV.

En 1936, durante a Guerra Civil Española, tivo lugar a batalla de Seseña, unha confrontación que durou meses e que deixou a maioría de edificacións parcial ou completamente destruídas polo que se decidiu construír Seseña Nuevo (a 4 quilómetros de Seseña Viejo).

O 13 de maio de 2016 desátase na localidade o incendio do maior vertedoiro de pneumáticos de Europa, declarado ilegal xa en 2003, producindo unha columna de fume visible desde a cidade de Madrid. Foi unha das maiores catástrofes ambientais no país desde o afundimento do Prestige na costa galega.[1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]