Madridejos
Aparencia
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Castela-A Mancha | ||||
| Provincia | provincia de Toledo | ||||
| Capital | Madridejos | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 10.088 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 262 km² | ||||
| Altitude | 697 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Santo padrón | Sebastián | ||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | José Antonio Contreras Nieves | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 45710 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 45087 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | madridejos.es | ||||
Madridejos é un concello español da provincia de Toledo, na Comunidade de Castela-A Mancha, bañado polo río Amarguillo.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Demografía
[editar | editar a fonte]Segundo o Instituto Nacional de Estadística, no ano 2017 tiña 10 637 habitantes (11 314 no 2010 e 10 500 no 2000), cifra en continuo descenso dende o ano 2009.[1]
| Gráfica de evolución demográfica de Madridejos entre 1996 e 2017 |
![]() |
| Fonte: INE. |
| Ano | 1998 | 1999 | 2000 | 2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 | 2007 | 2008 | 2009 | 2010 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Poboación | 10461 | 10475 | 10500 | 10544 | 10629 | 10754 | 10860 | 10987 | 11030 | 11195 | 11354 | 11404 | 11314 | 11304 | 11206 | 11113 | 10970 | 10876 | 10793 | 10637 |
Historia
[editar | editar a fonte]
De orixe romana, pasou a mans do conde don Julián e despois ao dominio dos árabes ata que, trala conquista de Toledo por Afonso VIII de Castela, pasou a formar parte das posesións do Priorato de San Juan.[2]
Cultura
[editar | editar a fonte]Patrimonio
[editar | editar a fonte]
- Praza de touros (s. XIX), Ben de Interese Cultural.
- Rollo jurisdiccional ou picota (s. XVI).
- Ermida da Caridade (s. XIII).
- Ermida de S. Antón (s. XVIII).
- Ermida do Cristo do Prado (s. XVII).
- Igrexa do Divino Salvador (s. XVI).
- Igrexa e convento de S. Francisco (s. XVII), que alberga o Museo do azafrán e etnográfico.
- Ermida de S. Sebastián (s. XVII).
- Convento de Santa Ana (s. XVII).
- Ermida de Santa Clara.
- Casa Grande ou Casa das Cadeas (s. XVIII).
- Silo do Colorao e silo do Tío Zoquete, vivendas tradicionais subterráneas musealizadas.
- Muíño do Tio Genaro.
- Atalaia (s. XI).
- Edificio Garcilaso de la Vega.
- Ermida do Santo Cristo del Humilladero (s. XV).
- Fonte do Cristo (s. XVIII).
- Casa do concello.
Festas e celebracións
[editar | editar a fonte]
- San Sebastián, catro ou cinco días desde o 20 de xaneiro.
- Cristo do Prado, en setembro.
- Virxe de Valdehierro, o 1 de maio.
- S. Antón.
- Patroa de Nosa Señora de Valdehierro, 15 de agosto.
- Carnavais.
- Semana Santa.
Economía
[editar | editar a fonte]Madridejos é un centro agrícola, dedicado principalmente á viña e á gandería ovina. Destaca tamén a industria alimentaria de s e s.[3][4]
Política e goberno
[editar | editar a fonte]O alcalde é, dende o ano 2011, o socialista José Antonio Contreras Nieves.
| Lexislatura | Nome | Partido |
|---|---|---|
| 1979-1983 | Samuel Santa-Olalla Moreno-Cid | Independente |
| 1983-1987 | Eugenio Rodríguez Romero | |
| 1987-1991 | Mariano Privado Gutiérrez | |
| 1991-1995 | Mariano Privado Gutiérrez | |
| 1995-1999 | Miguel Organero Serrano | |
| 1999-2003 | Miguel Organero Serrano | |
| 2003-2007 | Emiliano Sánchez Galán | |
| 2007-2011 | Angel Tendero Díaz | |
| 2011-2015 | Jose Antonio Contreras Nieves | |
| 2015-2019 | Jose Antonio Contreras Nieves | |
| 2019-2023 | n/d | n/d |
| 2023- | n/d | n/d |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Madridejos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Madridejos". Diccionario enciclopédico galego universal 39. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 105. ISBN 84-7680-429-6.
- "Madridejos". Enciclopedia Galega Universal 11. Ir Indo. 1999-2002. p. 333. ISBN 84-7680-288-9.
- "Madridejos [España]". Enciclopedia Universal Micronet (DVD) (en castelán). 2006.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web do Concello (en castelán).
- Deputación de Toledo Arquivado 02 de maio de 2018 en Wayback Machine. (en castelán).
- Turismo. Castilla-La Mancha (en castelán).

