Saltar ao contido

Igrexa ortodoxa rusa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Igrexa Ortodoxa Rusa»)
Igrexa ortodoxa rusa
Historia
Fundación1589
MotivoIndependencia da Igrexa Ortodoxa de Constantinopla
Goberno
Patriarca de MoscovaCirilo I
Outros datos
Páxina webwww.patriarchia.ru

A Igrexa ortodoxa rusa (en ruso: Русская православная церковь, Russkaia pravoslavnaia tserkov), é unha das igrexas ortodoxas autocéfalas, en comuñón co resto da Igrexa ortodoxa.

O primado da Igrexa é o patriarca de Moscova, o quinto na orde de precedencia da Igrexa ortodoxa logo dos patriarcas de Constantinopla, Alexandría, Antioquía e Xerusalén. Reclama xurisdición exclusiva sobre todos os crisitáns ortodoxos que viven nas antigas repúblicas da U.R.S.S., coa excepción de Xeorxia e Armenia, aínda que dita xurisdición é disputada en países como Estonia, Ucraína e Moldova. Ten tamén autoridade sobre os cristiáns ortodoxos do Xapón e da China.

O 15 de outubro de 2018 o Sínodo da Igrexa ortodoxa rusa rompeu a comuñón eclesiástica coa Igrexa ortodoxa de Constantinopla por mor da decisión desta de conceder a autocefalia á Igrexa ortodoxa ucraína.[1]

  1. "The Holy Synod of the Russian Orthodox Church has considered it impossible to remain in the Eucharistic communion with the Patriarchate of Constantinople" (en inglés). Departamento de Relacións Exteriores, Igrexa ortodoxa rusa. 15 de outubro de 2018. Consultado o 17/10/2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]