A Igrexa ortodoxa de Alexandría, tamén coñecida como patriarcado de Alexandría e toda África (en grego: Πατριαρχεῖον Ἀλεξανδρείας καὶ πάσης Ἀφρικῆς, Patriarcheîon Alexandreías kaì pásēs Aphrikês), é unha das igrexas ortodoxas autocéfalas, en comuñón co resto da Igrexa ortodoxa.
O primado da Igrexa é o patriarca de Alexandría, o segundo na orde de precedencia da Igrexa Ortodoxa logo do patriarca de Constantinopla. Reclama xurisdición exclusiva sobre todos os crisitáns ortodoxos que viven no continente africano.