A Igrexa ortodoxa de Antioquía, tamén coñecida como patriarcado de Antioquía e todo o Leste (en grego:Πατριαρχεῖον Ἀντιοχείας, Patriarcheîon Antiocheías), é unha das igrexas ortodoxas autocéfalas, en comuñón co resto da Igrexa ortodoxa.
O primado da Igrexa é o patriarca de Antioquía, o terceiro na orde de precedencia da Igrexa ortodoxa logo dos patriarcas de Constantinopla e Alexandría. O seu territorio tradicional inclúe Siria, o Líbano, Irán, Iraq, Kuwait, os países árabes do golfo Pérsico e parte de Turquía.