Diocese ortodoxa moldova de Ungheni e Nisporeni
Aparencia
| Localización | |||
|---|---|---|---|
| Poboación | |||
| Relixión | Igrexa ortodoxa rusa | ||
| Xeografía | |||
| Parte de | |||
| Creación | 6 de outubro de 2006 | ||
| Sitio web | episcopia-ungheni.md… | ||
A diocese de Ungheni e Nisporeni é unha sé da Igrexa ortodoxa rusa parte da metrópole de Chișinău e toda Moldova.
Territorio
[editar | editar a fonte]A eparquía ten xurisdición sobre os distritos de Ungheni, Nisporeni, Călărași e Hîncești, en Moldova. A sé episcopal está na cidade de Ungheni. O territorio está dividido en 145 parroquias.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi estabelecida por decisión do Sínodo da Igrexa ortodoxa rusa o 6 de outubro de 2006, en territorio da diocese de Chișinău.
Episcopoloxio
[editar | editar a fonte]- Petru Musteață (6 de outubro de 2006 - 21 de agosto de 2007, suspensión de poderes, provisional dende o 27 de marzo)
- Vladimir Cantarean (27 de marzo de 2007 - 24 de decembro de 2010, como metropolita de Chișinău)
- Petru Musteață (24 de decembro de 2010 - actualidade)