Cirilo I, patriarca de Moscova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cirilo I
Patriarch Kirill of Moscow.jpg
Patriarca da Igrexa Ortodoxa Rusa
Biografía
Nacemento20 de novembro de 1946 en Leningrado, Unión Soviética
Nome secularVladimir Mikhailovich Gundiaev
Ordes
Ordenación sacerdotal1 de xuño de 1969
Consagración episcopal14 de marzo de 1976, por Nikodim Rotov
Patriarca de Moscova
2009 - actualidade
PredecesorAleixo II

Cirilo I (en ruso: Кирилл), nado como Vladimir Mikhailovich Gundiaev (ruso: Владимир Михайлович Гундяев) o 20 de novembro de 1946 en Leningrado, é un bispo ortodoxo ruso, dende o 1 de febreiro de 2009 patriarca de Moscova.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Leningrado o 20 de novembro de 1946. Ao rematar a educación secundaria ingresou no seminario de Leningrado, e posteriormente na Academia Teolóxica de Leningrado, onde se graduou en 1970.

O 1 de xuño de 1969 foi ordenado hieromonxe polo metropolita de Leningrado e Novgorod Nikodim Rotov.

O 12 de setembro de 1971 foi elevado a arquimandrita, e nomeado representante ortodoxo ruso no Consello Mundial de Igrexas, en Xenebra.

O 14 de marzo de 1976 foi consagrado bispo, e pasou a ser o vigairo da eparquía de Leningrado. Posteriormente foi nomeado metropolita de Smolensk e Kaliningrado

O 27 de xaneiro de 2009 o Sínodo da Igrexa Ortodoxa Rusa elixiuno patriarca de Moscova, e foi entronizado o 1 de febreiro] seguinte.


Dignidades da Igrexa ortodoxa
Predecesor:
Aleixo II
 Patriarca de Moscova 
2009 - actualidade
Sucesor:
(no cargo)