Ida Tarbell
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de novembro de 1857 ![]() Condado de Erie, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() |
Morte | 6 de xaneiro de 1944 ![]() Bridgeport, Estados Unidos de América ![]() |
Causa da morte | pneumonía ![]() |
Lugar de sepultura | Titusville (pt) ![]() Woodlawn Cemetery (en) ![]() ![]() |
Educación | Allegheny College (en) ![]() Poland Seminary (en) ![]() Universidade de París ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, historiadora, biógrafa, escritora, investigative journalist (en) ![]() ![]() |
Movemento | Feminismo ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Pai | Franklin Sumner Tarbell ![]() |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() American Women Historians, 1700s-1990s: A Biographical Dictionary (en) ![]() American Women Writers ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Ida Minerva Tarbell, nada en Hatch Hollow (Pensilvania) o 5 de novembro de 1857 e finada en Bridgeport (Connecticut) o 6 de xaneiro de 1944 foi unha escritora, xornalista de investigación, biógrafa e conferenciante estadounidense. Foi unha das líderes do sensacionalismo da era progresista de finais do século XIX e principios do XX.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nada en Pensilvania no comezo do boom do petróleo, Tarbell é especialmente coñecida polo seu libro de 1904 The History of the Standard Oil Company.[2] Os libros foron publicados como unha serie de artigos en McClure's Magazine entre 1902 e 1904. Esta obra mestra do xornalismo de investigación provocou a disolución da Standard Oil como monopolio e deu lugar á Clayton Antitrust Act.[3] O libro tamén impulsou a Hepburn Act en 1906 para supervisar os ferrocarrís, a Mann-Elkins Act (1910) que deu á Interstate Commerce Commission poder sobre as tarifas do ferrocarril e a creación da Federal Trade Commission (FTC) en 1914.[3]
Tarbell tamén escribiu biografías durante a súa carreira de sesenta e catro anos. Escribiu sobre Madame Roland e Napoleón Bonaparte. Cría que "a Verdade e os motivos dos seres humanos poderosos podería descubrirse. Esta Verdade, convenceuse Tarbell, podería expresarse de xeito que precipitase cambios sociais significativos".[1] Escribiu numerosos libres e obras sobre Abraham Lincoln incluíndo algunhas que se centraban nos seus primeiros anos e na súa carreira. Tralo seu traballo sobre a Standard Oil, escribiu biografías sobre os homes de negocios Elbert H. Gary, director de U.S. Steel, e de Owen D. Young, presidente de General Electric.
Escritora e conferenciante prolífica, Tarbell foi célebre por investigar temas complexos: a industria do petróleo, os aranceis, as prácticas laborais, e levalos a artigos informativos e doados de entender. Estes artigos foron publicado en McClure’s Magazine e The American Magazine e moitos dos seus libros foron populares entre o público estadounidense. Tras unha carreira de éxito como escritora e editora para McClure’s Magazine, comprou e editou The American Magazine.Tarbell tamén viaxou polos corenta e oito estados formando parte do circuíto de conferencias e como voceira de temas como as maldades da guerra, a paz mundial, a política estadounidense, os trusts ou a muller.
Tarbell formou parte de organizacións profesionais e serviu en dous comités presidenciais. Durante a primeira guerra mundial serviu no Comité de Mulleres do presidente Woodrow Wilson e trala guerra na conferencia sobre desemprego de 1921 do presidente Warren G. Harding. Axudou tamén a crear a Authors’ League e foi presidenta do Pen and Brush Club durante trinta anos.
Tarbell, que nunca casou, foi feminista polas súas accións, mais mantivo puntos de vista sobre o sufraxio feminino que crearon controversia e poden apanar o seu legado.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Weinberg, Steve (2008). Taking on the Trust: The Epic Battle of Ida Tarbell and John D. Rockefeller. W.W. Norton & Co. p. xiv. ISBN 978-0-393-04935-0.
- ↑ "Ida Tarbell". Biography.
- ↑ 3,0 3,1 Conway, J. North (1993). American literacy : fifty books that define our culture and ourselves (1st ed.). Nova York: William Morrow & Company. pp. 207–211. ISBN 0688119638. OCLC 27380188.
- ↑ Weinberg, Steve (2008). Taking on the trust : the epic battle of Ida Tarbell and John D. Rockefeller (1st ed.). Nova York: W.W. Norton. pp. 260–273. ISBN 9780393049350. OCLC 154706823.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ida Tarbell ![]() |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Feminismo |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Brady, Kathleen. Ida Tarbell: Portrait of a Muckraker (2004)
- Goodwin, Doris Kearns. "The Bully Pulpit: Theodore Roosevelt, William Howard Taft, and the Golden Age of Journalism." Nova York: Simon & Schuster, 2013.
- Kochersberger Jr., Robert C., ed. More Than a Muckraker: Ida Minerva Tarbell's Lifetime in Journalism, The University of Tennessee Press, 1995 – recompilación de artigos
- Limerick, Patricia, and Brian Black. (27 de febreiro de 2002). "Country forgets an old Big Oil lesson, and Enron results", USA TODAY, p. A.13.
- McCully, Emily Arnold. Ida M. Tarbell The Woman Who Challenged Big Business and Won. Nova York: Clarion Books, 2014.
- Randolph, Josephine D. "A Notable Pennsylvanian: Ida Minerva Tarbell, 1857-1944," Pennsylvania History (1999) 66#2 pp 215–241, breve biografía
- Serrin, Judith and William. Muckraking! The Journalism that Changed America, Nova York: The New York Press, 2002.
- Somervill, Barbara A. Ida Tarbell: Pioneer Investigative Reporter Greensboro, nc : M. Reynolds., 2002
- Weinberg, Steve Taking on the Trust: The Epic Battle of Ida Tarbell and John D. Rockefeller (2008)
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Works by Ida Tarbell at Open Library
- New York Times Obituary
- Harvard University Library Open Collections Program. Women Working, 1870–1930, Ida Tarbell (1857–1944)
- The Ida Tarbell Home Page