Tour do Lemosín
Aparencia
| Nome oficial | Tour du Limousin (1968–2017) |
|---|---|
| Tipo | carreira por etapas |
| Deporte | ciclismo en ruta |
| Localización e Datas | |
| Localización | Lemosín (Francia) 45°41′17″N 1°37′14″L / 45.688, 1.6205 |
| País | Francia |
| Vixencia | 1968 – |
| Período de ocorrencia | 1 ano |
| Outro | |
| Páxina web oficial | tourdulimousin.com |
O Tour du Limousin é unha carreira ciclista profesional por etapas que se celebra na rexión de Lemosín, no centro de Francia, no mes de agosto.
Dispútase desde 1968, pero só dende 1974 é para ciclistas profesionais. Dende a creación dos Circuítos Continentais UCI, en 2005, forma parte do UCI Europe Tour, dentro da categoría 2.1 (anteriormente foi 2.3). En 2011 ascendeu á categoría 2.HC (máxima categoría destes circuítos).
Ten un formato de catro etapas e sempre comenza e remata na capital rexional, Limoges.
É unha proba dominada polos ciclistas franceses.