Josu Jon Imaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Josu Jon Imaz
Imaz en acto de EGI.jpg
Josu Jon Imaz San Miguel Cruz de Sant Jordi 2006
Datos persoais
Nacemento 6 de setembro de 1963
Lugar Zumarraga, Guipúscoa
Organización Partido Nacionalista Vasco
Profesión Químico e político

Josu Jon Imaz San Miguel, nado en Zumarraga (Guipúscoa) o 6 de setembro de 1963, é un político vasco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Química na Universidade do País Vasco en Donostia co premio extraordinario de fin de carreira, e doutorouse tamén na mesma facultade en 2004. Especializado en polímeros, traballa para o centro tecnolóxico INASMET na década dos oitenta, época durante a que fai unha estadía no CETIM de Nantes. A partir de 1989, traballa como promotor industrial no Grupo Cooperativo Mondragón, e en 1991 regresa ao INASMET, onde permanece ata o seu salto á política.

En xuño de 1994 é elixido eurodeputado nas eleccións europeas, cargo que desempeña ata o seu nomeamento o 7 de xaneiro de 1999 como conselleiro de Industria, Comercio e Turismo do Goberno Vasco e portavoz do propio Goberno Vasco.

A partir do Consello de Goberno celebrado con data 17 de xullo de 2001 é novamente titular da carteira de Industria, Comercio e Turismo do Goberno Vasco e portavoz do mesmo, cargos que desempeña ata o 13 de xaneiro do 2004.

Finalmente, na Asemblea Xeral do Partido Nacionalista Vasco, celebrada os días 17 e 18 de xaneiro de 2004, é elixido presidente do Euzkadi Buru Batzar (executiva nacional), cargo en que permanece durante 3 anos, ata ser substituído por Iñigo Urkullu.

Currículo político[editar | editar a fonte]

  • Afiliado a EAJ-PNV no ano 1978.
  • Presidente de EGI Urretxu-Zumarraga (1979-1982).
  • Membro do Consello Rexional EGI Guipúscoa (1980-1986).
  • Membro do Consello Nacional de EGI (1981-1986).
  • Membro da Xunta Municipal de EAJ-PNV de Urretxu-Zumarraga (1979-1982).
  • Representante da Asemblea Nacional EAJ-PNV (1983-1985), (1986-1988), (1992-1994).
  • Membro do GBB (1988-1990).
  • Tenente de Alcalde e concelleiro de Facenda e Desenvolvemento de Zumarraga (1991-1995).
  • Deputado no Parlamento Europeo (1994-1999).
  • Membro da Comisión de Orzamentos, Industria e Asuntos Económicos e Pesca.
  • Vicepresidente Subcomisión Monetaria.
  • Conselleiro de Industria, Comercio e Turismo e Portavoz do Goberno (1999-2001).
  • Parlamentario vasco por Guipúscoa (2001).
  • Conselleiro de Industria, Comercio e Turismo e Portavoz do Goberno (2001-2003).
  • Presidente do EBB de EAJ-PNV (2004).
Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Josu Jon Imaz Modificar a ligazón no Wikidata


Predecesor:
Xabier Arzalluz
Flag of the Basque Country.svg
22º Presidente do Euskadi Buru Batzar

18 de xaneiro de 2004 - 1 de decembro de 2007
Sucesor:
Íñigo Urkullu

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Está casado, ten tres fillos e vive en Donostia.