Saltar ao contido

Internet Archive

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Archive.org»)
Sede de Internet Archive, desde 1996 até 2009, no Presidio de San Francisco, antigamente unha base militar.
Desde novembro de 2009, a nova sede Internet Archive na rúa 300 de Funston, San Francisco.

Internet Archive é un sitio web e unha organización sen ánimo de lucro destinada á preservación de historiais Web e recursos multimedia. Creada en 1996, atopábase desde esa data e até o 2009 no Presidio de San Francisco e actualmente áchase na rúa 300 de Funston, tamén en San Francisco. A colaboración que levou a cabo a amplitude desa páxina foi grazas a Alexa Internet e doutros colaboradores á parte da colaboración da Biblioteca do Congreso. Ten unha gran cantidade de ficheiros como son, vídeo e texto, algúns deles en dominio público, ou con licenzas Creative Commons ou calquera outra licenza que permita a distribución.

Entre as súas seccións tamén se atopa a colección chamada Moving Images que contén unha suma de aproximadamente 19.000 ficheiros (estimación de agosto de 2005), a maioría de vídeos. A colección máxima é a Colección de Prelinger chamada Prelinger Archives cun total de 1.977 ficheiros (agosto de 2005) que inclúe unha gran cantidade catalogada do "Cinema Efémero Publicitario", educativo, industrial (películas para promoción das devanditas empresas) e afeccionado. As películas van de entre os anos 1927 ata o 1987.

Noutra parte para volver atrás no tempo existe a Wayback Machine que ten 40 mil millóns de páxinas gravadas desde 1996 a partir dos inicios da actual Internet, pódense ver, entre outras, a primeira versión de IMDb e da páxina de vendas por Internet Amazon, así como tamén unha sección especial catalogando noticias na súa versión orixinal das devanditas datas.

As seccións de Internet Archive

[editar | editar a fonte]

Internet Archive contén as seguintes seccións:

Internet Archive (Bibliotheca Alexandrina).

Exemplo de arquivos da
Wayback Machine:

Na sección Moving Images
  • Democracy Now
  • Cinemocracy
  • Net Café
  • Youth Media
  • Open Mind
  • Shaping San Francisco
  • Mosaic Middle East News
  • World at War
  • Media Burn
  • The BBS Documentary Video Collection
  • Prelinger Archives (Colección de películas de Rick Prelinger)
  • Open Source Movies (Películas misceláneas de cine independente)
  • Feature Films (Longametraxes de dominio público)
  • Computer Chronicles (Programa de televisión emitido entre 1983 e 2002)
  • Election 2004 (Eleccións presidenciais do 2004)
  • Independent News (Novas Independentes, 252 vídeos)
  • SIGGRAPH (Adicado ós comezos da animación por ordenador, 111 vídeos)
  • Brick Films (Películas de cine independente adicado á realización de películas cadro por cadro con ladrillos LEGO)
  • Game Videos (sección sobre a historia dos videoxogos con información sobre os mesmos e cunha beta de programas antigos)
  • Film Chest Vintage Cartoons (56 debuxos animados que xa están en dominio público, inclúe curtas como "Falling Hare", "Fresh Hare" e "Superman: The Mechanical Monsters)
  • AV Geeks (Unha colección de Skip Elsheimer que adicou a súa busca durante 10 anos de películas de proxección nas escolas e para militares, inclúe unha das curtametraxes educativas máis raras como Private SNAFU: The Home Front (1943), que servía para o adestramento militar e como tomar decisións correctas en situacións de risco.)
  • SabuCat Movie Trailers (Sección adicada ós trailers publicitarios, un total de 103)
  • Universal Newsreels (Antes da era da televisión os telexornais proxectábanse no cine, ocasionalmente antes dunha película ou un show temático, Universal realizou telexornais entre 1929 e 1967. Un total de 601 vídeos.
  • Inclúe desde o 2007 a colección British Government Public Information Films, a colección inclúe 22 cortos de servizo público Inglés.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]