Illa de Awaji

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Illa de Awaji
淡路島 Awaji-shima
Japan prov map awaji.png
Localización da illa
Location-of-Awaji-island-en.png
Mapa da illa
Situación
PaísFlag of Japan.svg Xapón
PrefecturaPrefectura de Hyōgo
Coordenadas34°23′N 134°50′L / 34.383, -134.833Coordenadas: 34°23′N 134°50′L / 34.383, -134.833
Xeografía
XeoloxíaIlla volcánica
Superficie592´55 km²
Longura máxima54 km.
Largura máxima24 km.
Punto máis alto608 m. Yuzuruha-san
Demografía
CapitalSumoto
Poboación132.000 (1 Maio 2017)
Densidade223 hab./km²

A illa de Awaji (淡路島, あわじしま, Awaji-shima) é unha illa de 592,1 km² situada na prefectura de Hyōgo, Xapón. Atópase no leste do mar interior de Seto, entre as illas de Honshū e de Shikoku. Sumoto é a vila principal da illa. Ata a época meiji a illa constituíu unha provincia propia, a provincia de Awaji desde o século VII. Era parte de Nankaido.

É lugar de tránsito entre estas dúas illas, Awaji originalmente significa "o camiño á provincia de Awa". Awaji tamén se escribe como ??.

Xeográficamente atópase separada de Honshu polo estreito de Akashi, de Shikoku polo estreito de Naruto. Desde 1998 atópase conectada a Honshu polo Ponte Akashi Kaikyō. Desde a inauguración da Autoestrada Kobe Awaji Naruto, é a terra máis oriental enlace entre Honshu e Shikoku. Non hai ningún aeroporto en Awaji.

A illa consta de tres municipalidades:

A falla Nojima, responsable do Gran Terremoto de Hanshin de 1995, cruza ao longo da illa. Unha sección da falla preservouse e converteuse no Museo da Falla Nojima, móstranos como o movemento do chan curta a través de camiños, valados e outros elementos. Fóra desta área protexida, a zona da falla é menos visible, excepto por algunhas rarezas en equipos (por exemplo, algunha gabia ten unha dobrez peculiar cando a falla alcanza a súa posición).

Unha das máis famosas atraccións da illa son os Remuiños Naruto que se forman no estreito entre Naruto na prefectura de Tokushima e a Illa Awaji.

O Teatro de Marionetas de Awaji, é unha forma tradicional de teatro de marionetas ó ningyō jōruri do que se cre que deriva o drama de marionetas Bunraku de Osaka, fanse varias actuacións diariamente nas súas propias instalacións na Cidade Nandan na parte sur da illa. Os espectáculos de marionetas de Awaji, que escenifican dramas populares tradicionais, pero afunden as súas raíces en rituais relixiosos, gozou dunha gran popularidade localmente e saíu de xira internacional, polos EE.UU., Rusia e numerosos países máis.

A ponte de Akashi une a illa Awaji coa illa Honshu.

De acordo cos mitos antigos, Awaji foi a primeira das illas do Xapón que crearon os dous deuses ó kami, Izanagi e Izanami. O 17 de xaneiro de 1995 a illa foi o epicentro dun terremoto.

Localización da illa de Awaji