Hippopotamidae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Hippopotamidae
Rango fósil: Miocena medio - Actualidade
Hippo pod edit.jpg
Hippopotamus amphibius
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Familia: Hippopotamidae
Gray, 1821
Subtaxa

Trilobophorous Geze, 1985

Hippopotaminae Gray, 1821

†Kenyapotaminae Pickford, 1983

Os Hippopotamidae son unha familia de mamíferos artiodáctilos na que se atopan actualmente só dúas especies: o Hippopotamus amphibius (hipopótamo) e o Choeropsis liberiensis (hipopótamo anano).

Desenvolvéronse durante o Mioceno e son os parentes vivos máis próximos dos cetáceos xa que ambos son os únicos sobreviventes do clado Whippomorpha.[1]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A palabra hipopótamo deriva do latín hippopotămus, que a súa vez provén do grego hippopótamos (ἱπποπόταμος), composto por híppos (ίππος), cabalo, e potamós (ποταμος), río, «cabalo de río».[2] Se os gregos da época clásica designaban a este animal coma «cabalo de río», os árabes chamábanno «búfalo de auga», e os antigos exipcios «porco de río».[3]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

A sistemática e a taxonomía empregadas seguen fundamentalmente a revisión de Boisserie (2005).[4]

  • Xénero Archaeopotamus - anteriormente incluído en Hexaprotodon
    • Archaeopotamus harvardi † - Arabia e África Central; Mioceno-Plioceno
    • Archaeopotamus lothagamensis † - Kenya; Mioceno
  • 1-2 especies non descritas
  • Xénero Choeropsis - hipopótamos ananos
  • Xénero Saotherium - anteriormente incluído en Hexaprotodon

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Huffman, Brent (22 de decembro de 2016). "Order Artiodactyla". Ultimate Ungulate. Consultado o 29 de xullo de 2019. 
  2. Diccionario enciclopédico Salvat Universal 11 (15ª ed.). Barcelona: Salvat Editores, S.A. 1981. p. 371. ISBN 84-345-3717-6. 
  3. José Luis Menéndez (10 de xaneiro de 1926). "En el Nilo Azul. Detalles, incidentes y peripecias de la caza del hipopótamo". Blanco y Negro - Revista Ilustrada (Editorial Blanco y Negro) 36 (1808): 18. 
  4. Boisserie identifica a especie Hippopotamus minor coma Phanourios minutus, mais este xénero non está recoñecido por tódalas autoridades.