De rerum natura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Apertura de De rerum natura, copia de 1483 de Girolamo di Matteo de Tauris para o papa Sixto IV.

De rerum natura (Sobre a natureza das cousas) é un extenso poema de Lucrecio (Tito Lucrecio Caro), escrito no século I a.C. Foi composto en 7 400 hexámetros dactílicos distribuídos en seis libros. O libro, a maior obra da poesía da Roma antiga, divulga a filosofía e a física atomista de Epicuro de Samos e a física atomista de Demócrito de Abdera.

Historia[editar | editar a fonte]

A única versión do texto que chegou á actualidade transmitiuse grazas a Marco Tulio Cicerón, quen preparou a súa edición á morte do poeta, e ao humanista Poggio Bracciolini, quen o copiou en 1418 do único códice conservado.

A obra, materialista e irrelixiosa, foi traducida polo español José Marchena a principios do século XIX en hendecasílabos brancos coa intención de combater o catolicismo dos seus compatriotas. Moi importantes polos seus méritos filolóxicos e polas súas abundantes notas foron:

  • A versión bilingüe do humanista inglés John Mason Good, (Londres, 1805, 2 vols.)
  • A edición filoloxicamente impecábel de Karl Lachmann (Berlín, 1850)

Estrutura[editar | editar a fonte]

De rerum natura, 1570
  • O primeiro libro comenza cunha invocación a Venus como forza xerme da natureza e trata de como todo está composto de átomos e de baleiro.
  • O libro segundo trata do movemento e as agrupacións dos átomos.
  • O terceiro libro fala sobre a alma que, segundo el, é mortal.
  • O cuarto, sobre a teoría da sensación.
  • O quinto, sobre o mundo.
  • O sexto, sobre diversos fenómenos atmosféricos e as enfermidades. Termina cun sombrío panorama sobre os estragos da peste en Atenas, en deliberado contraste co inicio.

A intención de Lucrecio, como xa sinalara Virxilio, é liberar ao home do medo aos deuses e á morte, causas, segundo el, da infelicidade humana. ("Está ben ver ao navegante distante loitar contra a treboada e naufragar, non porque nos alegremos do mal alleo, senón porque é bo acharse libre de tormentos").

Representa o cosmos como un conxunto fortuíto de átomos que se moven no baleiro ("Nada nace da nada, nada volve á nada"). A alma é material e non sobrevive ao corpo. Os fenómenos teñen todos causa natural. Se existen os deuses, estes non interveñen nos asuntos dos mortais. Por outra parte, ofrece unha triste visión do amor humano que intrigou aos especialistas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]