Dáctilo (métrica)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O dáctilo é como un dedo, porque ten unha sílaba longa seguida de dúas sílabas breves.

Un dáctilo (do latín dactylus, e este do grego δάκτυλος, dáktylos, «dedo»), na métrica grecolatina, é un pé composto por unha sílaba longa seguida de dúas breves. É a base do verso chamado hexámetro dactílico, empregado na epopea e na poesía relixiosa (por exemplo nos oráculos). Posibelmente a súa orixe é prehelénica.

O nome procede da analoxía entre as tres falanxes do dedo coas tres sílabas do pé.