Estrofa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En literatura, denomínase estrofa a un grupo de versos unidos por unha serie de criterios fixos de métrica. Reciben distintos nomes segundo a extensión (número de versos), lonxitude dos mesmos (arte maior ou arte menor), rima (en función do formato e de se é asoante ou consoante) e ritmo.

Tipos[editar | editar a fonte]

As estrofas sen métrica e sen rima son de verso libre, e as estrofas con métrica mais sen rima, son de verso branco.

As estrofas adoitan clasificarse en función do número de versos:

Dous versos
Tres versos
Catro versos
  • O cuarteto (arte maior e rima consonante ABBA)
  • A redondilla (octosílabos de rima consonante abba)
  • O serventesio (arte maior e rima consonante ABAB)
  • A cuarteta (octosílabos de rima consonante abab)
  • A copla (arte menor, rima asonante –a–a)
  • A caderna vía (versos alexandrinos de rima consonante AAAA).
Cinco versos
  • A quintilla (arte menor e rima consonante)
  • O quinteto (arte maior de rima consonante)
  • A lira (versos heptasílabos e hendecasílabos con rima consonante aBabB).
Seis versos
Oito versos
  • A oitava real (versos hendecasílabos con rima alterna os seis primeiros e un pareado nos dous últimos).
Dez versos
  • A décima é unha estrofa de dez versos octosílabos consonantes, que riman ABBAADDEED.
Sen un límite fixo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.