Saltar ao contido

Heraldo de Galicia (A Habana)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Heraldo de Galicia

Editar o valor en Wikidata
Fundación1919
Lingualingua castelá e lingua galega
LocalidadeA Habana
Descrito porGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, Enciclopedia Galega Universal e Diccionario da literatura galega
Na rede
Galiciana: 577341
editar datos en Wikidata ]

Heraldo de Galicia foi un periódico editado na Habana entre 1919 e 1935.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Subtitulado Periódico consagrado a los intereses del pueblo galiciano y paladín de la colonia gallega en Cuba, apareceu o 1 de xuño de 1919 como semanario bilingüe, a partir de maio de 1920 converteuse en quincenal, e desde 1927 saíu cada dez días. Fundado por Manuel Fernández Doallo, estivo dirixido por R. P. Buyo, Hilario Ramón Alonso e o propio Manuel Fernández Doallo a partir de 1924. Entre os seus colaboradores figuraron Mercedes Vieito, Fernando Penalba, Vicente González Paratcha, Roberto Blanco Torres, Avelino Rodríguez Elías, Agustín Ribas Sánchez, Xesús Golmar, Juan Arévalo Viéites, Inocencio González, Modesto Prieto Camiña, Manuel González Rodríguez, Alejandro Prieto, Sinesio Fraga, Xosé Lesta Meis, Rafael Villaseca, José María Calveiro, Miguel Bendamio e Benito Rivadulla. Ilustrado con algunhas caricaturas de Ignacio Vidales Tomé. Abordou criticamente os problemas económicos e sociais de Galicia, combateu a continuación da guerra colonial española en África. Tamén publicou poemas e narracións de autores galegos. Cesou a súa publicación en 1935.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]