Saltar ao contido

Benito Rivadulla Pascual

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBenito Rivadulla Pascual
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor en Wikidata
Meirás, España Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncomerciante, xornalista, político Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosEloísa Rivadulla Álvarez Editar o valor en Wikidata

Galiciana: 356235 Nomes e Voces: 17264

Benito Rivadulla Pascual, nado en Meirás (Sada), foi un comerciante, xornalista e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Aprobou o exame de piloto da mariña mercante en 1903.[1] Fundou na Coruña con outros dous socios en 1911 a sociedade Benito Rivadulla y Compañía dedicada ao negocio de comisións e representacións.[2] Foi vogal da sociedade de socorros La Verdadera Legalidad.[3] Emigrante en Cuba, foi redactor de Heraldo de Galicia e colaborou en Eco de Galicia. Ao seu retorno da illa en 1928 instalouse en Chantada como empregado da sucursal do Banco Pastor na vila. En Chantada foi director do periódico La Voz del Agro en 1928, e deixou a dirección en setembro de 1929. Na Segunda República foi elixido bibliotecario da directiva da Asociación Republicana en xaneiro de 1933,[4] presidente do Partido Galeguista de Chantada e militou en Izquierda Republicana. Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi sancionado por responsabilidades políticas.[5]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en Osedo en 1908 con Elvira Álvarez Nieves, nada en Celanova,[6] que finou en marzo de 1944, e foi pai de Juan e Eloisa Rivadulla Álvarez.[7]

  1. La Correspondencia Gallega, 2-11-1903, p. 2.
  2. El Eco de Galicia, 1-8-1911, p. 2.
  3. La Voz de Galicia, 5-2-1915, p. 3.
  4. El Pueblo Gallego, 26-1-1933, p. 10.
  5. BOE, 3-10-1941, p. 3624
  6. Nova Galicia, 15-11-1908, p. 4.
  7. El Correo Gallego, 7-3-1944, p. 2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]