Mercedes Vieito
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1887 A Habana |
| Morte | 1960 Cuba |
| Actividade | |
| Ocupación | mestra, xornalista |
| Membro de | |
Mercedes Vieito Bouza, nada na Habana o 11 de febreiro de 1887 e finada en Cuba en 1960, foi unha mestra e xornalista galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla de José Vieito Freire e Rosa Bouza Maseda, inmigrantes das Somozas. Exerceu de mestra e creou a súa escola "La Aurora" no barrio de Luyanó para o ensino primario. Publicou os seus primeiros artigos en 1903 na revista Galicia, na sección "Rápidas", baixo o pseudónimo de Zoraida, que mantivo até 1905. Seguiu colaborando en Galicia, Galicia en América, Heraldo de Galicia e Eco de Galicia, da que foi directora de 1934 até o seu peche en 1936. Participou na sociedade La Aurora de Somozas. Visitou Galicia en 1924.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en 1918 con José López López, das Somozas, co que tivo 4 fillos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán). Bibliófilos Gallegos.
- Enjamio Expósito, M.ª Sonia (2010). "Mercedes Vieito Bouza ¿Cubana ou galega?". Xornalistas con opinión II. Santiago de Compostela/Vigo: CCG/Galaxia. pp. 143–158. ISBN 978-84-9865-338-0.
- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas [Das orixes a 1975]. Edicións A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-146-9.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Mercedes Vieito. Mestra, xornalista e amante da xustiza social" Arquivado 02 de decembro de 2023 en Wayback Machine. Álbum de Mulleres.