Manuel González Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel González Rodríguez
Biografía
Nacemento1903 Editar o valor em Wikidata
Botos, España Editar o valor em Wikidata
Morte1974 Editar o valor em Wikidata (70/71 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , xornalista , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Galeguista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Manuel González Rodríguez, nado en Botos (Lalín) en 1903 e finado en Madrid en 1974, foi un mestre, xornalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou maxisterio na Escola Normal de Pontevedra. Foi mestre da escola laica da sociedade Unión del Partido de Lalín de Buenos Aires en Porreiros (Gresande). Aprobou as oposicións de Maxisterio e foi destinado á parroquia estradense de Ribeira. Propuxo a idea de erixir na Estrada un monumento a Pardo de Cela por subscrición popular, para o que realizou campaña en El Emigrado, e foi nomeado vicepresidente do Comité pro Monumento constituído na Estrada o 3 de decembro de 1932.[1] En 1933 trasladouse a escola de Soutolongo, que foi o seu destino definitivo. Militante do Partido Galeguista, fixo unha entusiasta campaña a prol da autonomía de Galicia no periódico Razón, foi un dos membros da mesa da IV Asemblea do Partido Galeguista en abril de 1935 e un dos oradores do mitin das Arengas o 24 de xullo dese ano. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 non foi sancionado, pero tivo que afiliarse a Falange.

Activo xornalista, colaborou tamén en El Pueblo Gallego, Correo de Galicia, Eco de Galicia, A Nosa Terra, El País, Cultura Gallega, Faro de Vigo e La Voz de Galicia.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en 1932 con Dolores Brandido Palmaz, coa que tivo tres fillos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 13-12-1932, p. 10.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]