Miguel Bendamio
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1873 Ares, España |
Morte | 1938 (64/65 anos) A Habana, Cuba |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , escritor |
Lingua | Lingua castelá |
Miguel Bendamio Montero, nado en Ares en 1873 e finado na Habana en 1938, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Emigrou a Cuba a finais da década de 1880. Traballou na fábrica de tabacos La Cruz Roja e despois estableceuse como propietario da sociedade de importación M. Bendamio y Cía. Participou na fundación da Alianza Aresana de Instrucción en 1904,[1] da que foi secretario en 1905,[2] secretario contador en 1908,[3] vicepresidente en 1918-19, presidente en 1920 e secretario en 1922.[4] Participou nos labores da comisión xestora da Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega. Colaborou en La Tierra Gallega, no semanario galaico-habaneiro Galicia e en Heraldo de Galicia e Eco de Galicia, e foi correspondente en Cuba de Galicia en Madrid. Publicou na Habana en 1925 a novela Cómo se llega a millonario. Novela corta del ambiente aresano (Imprenta Fouce y Guerra).[5]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Miguel Bendamio |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Biografía de Miguel Bendamio no sitio web do Consello da Cultura Galega.