Henrique I de Navarra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Henrique I de Navarra
Rei de Navarra
Conde de Champaña e de Brie
Henry 1 of Navarre.jpg
Debuxo do selo de Henrique I, por Anne Franco
Rei de Navarra
1270 - 1274
Predecesor Teobaldo II de Navarra
Sucesor Xoana I e Filipe I
Conde de Champaña e de Brie
como Henrique III de Champaña
1270 - 1274
Predecesor Teobaldo V de Champaña
Sucesor Xoana I

Coroación maio de 1273, en Pamplona
Nome completo Henri de Champagne
Nacemento ca. 1244
Falecemento 22 de xullo de 1274
Pamplona
Sepultura Catedral de Pamplona
Consorte Branca de Artois
Descendencia Véxase Descendencia
Casa real Champaña
Proxenitores Teobaldo I de Navarra
Margarida de Borbón

Escudo de Henrique I de Navarra
Escudo de armas de Henrique I de Navarra
(Armas de Navarra-Champagne)

Henrique I de Navarra o Gordo (en francés: Henri "le Gros"), nado contra 1244 e finado en Pamplona o 22 de xullo de 1274, foi, desde 1270 até 1274, rei de Navarra e conde de Champaña e de Brie (como Henrique III).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Henrique era o fillo máis novo de Teobaldo I de Navarra e Margarida de Borbón.[1] e irmán de Teobaldo II. Durante o reinado do seu irmán maior Teobaldo II, que non tiña fillos, ocupou a rexencia durante moitas das numerosas ausencias de Teobaldo. En 1269, Henrique casou con Branca de Artois, filla do rei Luís IX de Francia e irmá do conde Roberto I de Artois.[2] Entrou así no "Círculo anxevino" da política internacional dos Capetos.

Reinado[editar | editar a fonte]

Recoñecido como presunto herdeiro durante o reinado do seu irmán maior, Henrique sucedeuno nos tronos do Reino de Navarra e do Condado de Champaña cando Teobaldo II morreu sen descendencia en decembro de 1270, sendo proclamado como rei Henrique I en Pamplona o ano seguinte, o 1 de marzo de 1271.[3], e a súa coroación pospúxose aínda até maio de 1273, xa que, tras xurar os Foros de Navarra, desprazouse a Francia para prestar homenaxe feudal a Filipe o Atrevido polos seus dominios de Champaña.

Debido á súa obesidade, morreu aos tres anos do seu reinado, o que no permite formarnos unha idea acertada da personalidade deste monarca. Parece que mostrou interese polo pobo de Navarra. Permitiu que a Navarrería se desvinculase da unión dos burgos de San Cernin e San Nicolás, acordada en 1266. Concedeu privilexios a vilas e cidades como Estella, Los Arcos e Viana, e mantivo relacións cordiais coa nobreza, coa que negociou compra vendas e cesións de patrimonio.

Inicialmente, Henrique intentou recuperar os territorios perdidos que pasaran a Castela por axudar á rebelión do infante Filipe de Castela contra o seu irmán o rei Afonso X o Sabio en 1270. Pero finalmente declinou, prefirindo manter a paz, o que o levou a rexeitar as pretensións do infante Sancho, que e rebelara tamén contra o seu pai Afonso X, e establecer unha alianza con Castela mediante o matrimonio do seu fillo Teobaldo con Violante, filla de Afonso X, en setembro de 1272.[4]

Porén, a voda non se puido celebrar debido á morte do xove Teobaldo ao caer dunha amea do castelo de Estella en 1273.[5] Violante casaría en 1282 en Toledo con Diego López V de Haro, señor de Biscaia.[6]

Descendencia[editar | editar a fonte]

Do seu matrimonio con Branca de Artois tivo dous fillos:

  • Teobaldo, que morreu antes del ao caer desde unha amea do castelo de Estella, como quedou dito, e
  • Xoaha, que tiña 3 anos á morte do pai, e que sería a súa herdeira como Xoana I de Navarra.
  • Tivo ademais un fillo natural antes do seu matrimonio, Xoán Enríquez de Lacarra.

Morte, sepultura e legado[editar | editar a fonte]

Henrique non sobreviviu moito tempo ao seu fillo. Morreu sufocado, segundo as fontes, pola súa propia graxa. Foi enterrado na Catedral de Santa María la Real de Pamplona.

Sobrevivíronlle unicamente o seu fillo natural e a súa filla lexítima Xoana, que o sucedeu baixo a rexencia da súa nai Branca. Xoana casaría en 1284 con Filpe o Fermoso, futuro rei de Francia, e nese mesmo ano a coroa de Navarra uniríase á de Francia, e Champaña pasaría posteriormente a ser un dominio real francés.

Na Divina Comedia, Dante Alighieri, un contemporáneo máis novo que Henrique, viu o espírito do rei fóra das portas do Purgatorio, cun grupo dun gran número doutros monarcas europeos do século XIII. Henrique non se cita directamente, pero Dante refírese a el como "a bondadosa cara" e "o sogro da Praga de Francia".[7]

Antepasados de Henrique I de Navarra[editar | editar a fonte]

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Teobaldo II de Champaña
 
 
 
 
 
 
 
8. Henrique I de Champaña
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Matilde de Carintia
 
 
 
 
 
 
 
4. Teobaldo III de Champaña
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Luís VII de Francia
 
 
 
 
 
 
 
9. María Capeto
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Leonor de Aquitania
 
 
 
 
 
 
 
2. Teobaldo I de Navarra
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. García V Ramírez
 
 
 
 
 
 
 
10. Sancho VI de Navarra
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Margarida de l'Aigle
 
 
 
 
 
 
 
5. Branca de Navarra
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Afonso VII de León
 
 
 
 
 
 
 
11. Sancha de Castela
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Berenguela de Barcelona
 
 
 
 
 
 
 
1. Henrique I de Navarra
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Guillerme I de Dampierre
 
 
 
 
 
 
 
12. Guido II de Dampierre
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Ermengauda de Mouchy
 
 
 
 
 
 
 
6. Archimbaldo VIII de Borbón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Archimbaldo de Borbón
 
 
 
 
 
 
 
13. Matilde I de Borbón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Alicia de Borgoña
 
 
 
 
 
 
 
3. Margarida de Borbón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
7. Guigona (Alicia) de Forez
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Predecesor:
Teobaldo II de Navarra
Royal Coat of Arms of Navarre (1234 1259-1284).svg
Rei de Navarra

1270 - 1274
Sucesor:
Xoana I e Filipe I
(Rei consorte)
Predecesor:
Teobaldo V de Champaña
Blason région fr Champagne-Ardenne.svg
Conde de Champaña e de Brie

1270 - 1274
Sucesor:
Xoana I e Filipe I
(Conde consorte)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Evergates 2007, p. 248.
  2. Gee 2002, p. 141.
  3. Proctor 1980, p. 255.
  4. Kinkade 1992, p. 294.
  5. Woodacre 2013, p. 25.
  6. Moxó, Salvador de (dir) (1969): "La transformación nobiliaria castellana en la Baja Edad Media". En Instituto Jerónimo Zurita. Estudios sobre la sociedad castellana en la Baja Edad Media. Cuadernos de Historia: Anexos de la Revista Hispania Volumen 3 (1ª edición). Madrid: Consejo Superior de Investigaciones Científicas, pp. 1-211.
  7. Alighieri 2003, p. 122.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]