Saltar ao contido

Heinrich von Stackelberg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHeinrich von Stackelberg
Nome orixinal(de) Heinrich Freiherr von Stackelberg Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento31 de outubro de 1905 Editar o valor en Wikidata
Moscova, Rusia Editar o valor en Wikidata
Morte12 de outubro de 1946 Editar o valor en Wikidata (40 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Causa da morteLinfoma Editar o valor en Wikidata
Catedrático
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Colonia Editar o valor en Wikidata
Director de teseErwin von Beckerath (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Bonn Editar o valor en Wikidata
Ocupacióneconomista, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorRheinische Friedrich-Wilhelms-Universität Bonn
Universidade Humboldt de Berlín Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
DoutorandoHans Möller (pt) Traducir e Hans Möller (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloBarón Editar o valor en Wikidata
FamiliaStackelberg (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Heinrich Freiherr von Stackelberg, nado en Moscova o 31 de outubro de 1901 e finado en Madrid o 12 de outubro de 1946, foi un economista alemán que contribuíu á teoría de xogos e á organización industrial, e que é coñecido polo modelo de competencia que leva o seu nome, chamado tamén como duopolio de Stackelberg.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Stackelberg naceu en Moscova, no seo dunha familia nobre de alemáns do mar Báltico de Estonia. A súa nai era arxentina, de ascendencia española. Tras a Revolución de Outubro de 1917, a súa familia mudouse a Racibórz, e máis tarde a Colonia. Estudou Economía e Matemáticas na Universidade de Colonia, graduándose en 1927 cunha tese sobre os estudos da distribución da renda de Alfred Marshall. Doutorouse en 1930 cunha disertación sobre a teoría de custos, publicada en Viena en 1932. En 1934 concluíu a súa habilitación en estrutura de mercado e equilibrio.

Tras isto, foi profesor universitario na Universidade de Colonia, aínda que un semestre despois aceptou un posto na Universidade de Berlín, onde traballou até o ano 1941. Nese ano, pasou a ser profesor de Economía da Universidade de Bonn, até 1944, cando empezaría a impartir clases na Universidade Complutense de Madrid. A súa influencia na economía española dos anos sucesivos foi moi importante na súa postura liberalizadora. Así dixo o economista Juan Velarde, discípulo seu, quen afirmou que cando lle preguntou a Alberto Ullastres como se atreveu a levar a cabo o Plan de Estabilización de 1959, contestoulle: "Estaba todo en Stakelberg".[1]

Stackelberg foi membro do Partido Nazi desde 1931, e Scharführer das SS desde 1933.

Morreu de linfoma en Madrid en 1946 e está soterrado no Cemiterio Británico desa cidade.

O modelo de liderado de Stackelberg é un tipo de duopolio, é dicir, un mercado dun produto con basicamento só dúas empresas, no que está a entrada a outras organizacións atópase restrinxida. Cada empresa trata de producir unha cantidade tendo en conta a produción da outra empresa. A diferenza do modelo de Cournot, a empresa líder coñece a conduta da empresa seguidora, conducindo a unha produción dunha determinada cantidade segundo os seus intereses, segundo a cal, a empresa seguidora producirá unha cantidade en base á outra. Dáse, polo tanto, unha clara vantaxe da empresa que move ficha antes.

A achega de Stackelberg foi a base de moitos dos xogos desenvolvidos por Nash na súa famosa teoría dos xogos. A partir do esquema debuxado por Stackelberg, Nash deseña un mapa de diversas alternativas ao redor dunha serie de xogadas interpretadas por dous duopolistas que controlan o mercado. Mediante esta serie de xogos detectouse que non só adquire vantaxe o primeiro en mover, senón que baixo certas condicións, ás veces, ser o primeiro pode resultar nunha decisiva desvantaxe.

  1. "El "padre" alemán de la economía española". ABC. 12 de abril de 2015. p. 56.  |first1= sen |last1= in Authors list (Axuda)

Publicacións

[editar | editar a fonte]
  • Grundlagen einer reinen Kostentheorie (Fundamentos da Teoría de Custos), Viena, 1932.
  • Marktform und Gleichgewicht (Estrutura de Mercado e Equilibrio), Viena, 1934.
  • Grundlagen der theoretischen Volkswirtschaftslehre (Fundamentos da Teoría Económica), Berna, 1948.
  • von Stackelberg, Heinrich (2014). Foundations of a Pure Cost Theory (en inglés). Springer. ISBN 978-3-642-34537-1.