Saltar ao contido

Haro

Modelo:Xeografía políticaHaro
Imaxe

Localización
Mapa
 42°34′37″N 2°50′46″O / 42.576944444444, -2.8461111111111
EstadoEspaña
Comunidade autónomaA Rioxa Editar o valor en Wikidata
CapitalHaro (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación11.763 (2023) Editar o valor en Wikidata (290,23 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie40,53 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude479 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataLaura Rivado Casas (en) Traducir (2015–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal26200 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE26071 Editar o valor en Wikidata

Páxina webharo.org Editar o valor en Wikidata

Haro é unha cidade e un municipio de Rioxa (España), cabeza da comarca de Haro. No ano 2021 tiña 11 633 habitantes. É a poboación máis importante da denominada Rioxa Alta. O seu concello linda coa provincia de Burgos polos Montes Obarenes ao norte, e con Áraba, río Ebro por medio, polo leste.

Haro é etapa do Camiño de Santiago, e o seu núcleo antigo ten a declaración de conxunto histórico-artístico desde 1975.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Vista parcial de Haro, coa igrexa de Santo Tomás

Haro está situada á unha altura duns 479 msnm, cerca da desembocadura do río Tirón no Ebro. A cidade está a 19 km ao sueste de Miranda de Ebro. As cidades importantes máis próximas son Vitoria (43 km ao norte) e Logroño (44 km ao sueste), capital da comunidade autónoma.

Hai diversas teorías sobre a fundación de Haro, coidándose como a máis realista a de Domingo Hergueta, que argumentaba sobre a existencia dun vilacho que cuidaba o faro da peneda da Mota, que iluminaba a desembocadura do río Tirón no Ebro, xa que esta zona era navegábel. A vila recibiría nome deste faro, que evolucionaría, co castelán, transformándose en Haro.

A zona estivo poboada polos beróns en época protistórica. Durante a Hispania romana, nos riscos de Bilibio, construíuse un castro de defensa que era denominado Castrum Bilibium.

A primeira alusión rexistrada a Haro data de 1040, nun documento do rei navarro García IV Sánchez III de Navarra, o de Nájera, no cal doaba a súa esposa Estefanía de Foix, cumprindo a carta de arras, Bilibium cum Faro.

De 1063 data o primeiro documento en que se cita a presenza de xudeus na vila. Pertence a unha doazón de Sancho IV de Navarra ao bispo de Áraba, don Nuño, na cal lle libraba a herdade do xudeu Marlahim, situada en termos do Viano.

29 de xullo:Batalla do Viño

Economía

[editar | editar a fonte]

A actividade económica está ligada, tradicionalmente, ás viñas e o viño. O pulo do viño de Haro iniciouse no século XIX, cando viñateiros franceses se estabeleceron na localidade, e comezaron a almacenar e enviar viño para Francia. A construción da liña do ferrocarril ao longo do val do Ebro, impulsou a instalación de industrias. Téxtil e calzado foron as manufacturas desenvoltas na cidade e localizadas dentro ou no contorno do seu casarío. Posterior foi o desenvolvemento da industria química que se sitúa perifericamente.

Moitas das bodegas de Haro son famosas polo seu excelente viño tinto. Entre as máis coñecidas destas cóntanse:

  • Bodegas Bilbainas.
  • Bodegas Carlos Serres.
  • CVNE (Compañía Vinícola del Norte de España).
  • Bodegas Rioja Santiago.
  • Federico Paternina.
  • Bodegas Martínez Lacuesta.
  • Bodegas Muga.
  • López Heredia - Viña Tondonia.
  • Bodegas Ramón Bilbao.
  • La Rioja Alta.

Patrimonio monumental

[editar | editar a fonte]
Praza Maior de Haro
  • Praza Maior ou Plaza de la Paz, é o centro da cidade. En 1842 era denaminada praza da Constitución, e en 1896 pasou á denominacións actual. Nela ubícanse o Pazo Municipal, a Porta de San Bernardo e máis o Pazo de Bendaña.
  • Pazo do Concello, praza de la Paz, nº1. Construído no século XVIII, en estilo neoclásico, so a supervisión do arquitecto Ventura Rodríguez e José de Ituño. O reloxo colocouse no XIX.
  • Igrexa parroquial de Santo Tomás Apóstol, ao pé do outeiro de "La Mota" (ou "La Atalaya"), núcleo primitivo de Haro. Comezada no século XVi, rematouse no século XVII por Pedro de Origoitia e Andrés de Venea. As obras do buque e torre duraron máis de douscentos anos (1512 - 1725).
  • Basílica de Nosa Señora de la Vega, edificación de varias épocas, a última barroca. A destacar o altar-maior barroco, obra de Santiago del Amo.
  • Ermida de San Felizes de Bilibio, sita nos Riscos de Bilibio a 4,5 km de Haro, sobre as chamadas Conchas de Haro, dende onde o río Ebro inicia o seu curso medio.
  • Ex-Convento de Santo Agostiño, fundado en 1373.
  • Teatro Bretón de los Herreros, inaugurado en 1841, pero do concento anterior.
  • Torreón Medieval, do século XIV. Está situado na zona antiga xunto do arco de San Bernardo, no nº 9 da praza de la Paz. Foi restaurado en 2007. Contén na actualidade un museo de arte contemporánea.
  • Porta de San Bernardo, situada na praza de la Paz, obra dos séculos XV-XVI, servía de acceso a intramuros.
  • Porta de Santa Bárbara, na rúa Siervas de Jesús. Foi rehabilitada.
  • Pazo de Bendaña ou Paternina, rúa San Martín nº1, construído no século XVI é de estilo plateresco. Conta cunha galería mudéxar do século XV.
  • Pazo dos Salazar, rúa da Paz nº4 e rúa Siervas de Jesús nº3. Do século XVIII.
  • Pazo dos Condes de Haro, praza da Igrexa, nº3. Do século XVII. Rehabilitado no 2006 acolle hoxe unha escola-taller de cantería.
  • Palacio de Tejada, rúa Lucrecia Arana. Do XVIII e estilo rococó.
  • Pazo dos Condestables, na rúa San Roque.
  • Pazo das Bezaras, rúa da Vega. Do século XVII, hoxe sucursal de Caja Rioja e centro cultural.
  • Pazo da Praza da Cruz, sito na praza que lle dá nome. Do XVIII.
  • Ponte de Briñas, sobre o río Ebro a 2 km do centro urbano en dirección Vitoria. De estilo gótico, feito en cantería. Datábel no século XIII, sufriu diversas restauracións ao longo dos séculos.
  • Museo de Arte Contemporánea, no torreón medieval da praza de la Paz.
  • Centro de Interpretación do Viño de Rioxa, dito tamén Museo do Viño, localizado na Estación Enolóxica.
  • Museo da Virxe de la Vega, na basílica homónima.
  • San Pedro: 29 de xuño, coa famosa "Batalla do Viño".

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]