Río Tirón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tirón
PaísEspaña
NacementoPozo Negro, Serra da Demanda (Burgos)
Altitude2.216
Lonxitude64,95 km
DesembocaduraRío Ebro
O río Tirón en Anguciana.

O Tirón é un río situado no centro-norte de España, sendo un afluente do Ebro.

O Tirón nace en Fresneda de la Sierra Tirón nun lugar chamado Pozo Negro, dentro da serra da Demanda, na provincia de Burgos, Castela e León, a 2.216 msnm de altitude. Discorre por terras burgalesas ao longo de trinta quilómetros, atravesando Fresneda de la Sierra Tirón, Villagalijo, Belorado, Fresno de Río Tirón, Cerezo de Río Tirón, despois entra na Rioxa pasando polos municipios de Tormantos, Leiva, Herramélluri, Ochánduri, Cuzcurrita de Río Tirón, Tirgo, Cihuri, Anguciana (neste termo municipal o río Oja verte as súas augas ao Tirón) e Haro.

O Tirón desemboca no Ebro na Boca do Ebro, cerca do Cerro da Mota en Haro (A Rioxa).