Harlequin F.C.
Nome | Harlequins Football Club | ||
---|---|---|---|
Alcume(s) | Quins | ||
Fundación | 1866 | ||
Sede | Londres, Inglaterra | ||
Estadio(s) | Twickenham Stoop | ||
Capacidade | 14,816 espectadores | ||
Presidente | David Morgan | ||
Adestrador | Connor O'Shea | ||
Capitán | Joe Marler | ||
Liga(s) | Aviva Premiership | ||
2015-16 | - | ||
| |||
Na rede | |||
http://www.quins.co.uk | |||
O Harlequin Football Club (tamén coñecido como Harlequins ou Quins) é un club de rugby inglés que xoga na máxima categoría do rugby inglés, a Aviva Premiership. O seu estadio está localizado en Londres e é The Stoop. Este estadio está localizado xusto ao lado do templo do rugby, o Estadio de Twickenham.
Na era afeccionada, moitos dos xogadores traballaban na cidade de Londres, e o club seguiu a ter fortes vínculos co sector financeiro.
Historia
[editar | editar a fonte]O Hampstead Football Club foi fundado en 1866, e o seu primeiro xogo rexistrado tivo lugar en 1867. Foron renomeados como Harlequin Rugby Football Club en 1870, supostamente porque os membros xa non o consideraban como puramente local, e as siglas HFC tiñan que seguir no novo nome. A palabra 'Harlequin' foi atopada nun dicionario e tódolos presentes aceptárona coma o novo nome. Debido a isto, houbo unha escisión nunha parte dos membros, e os que non formaron parte dos Harlequins formaron un novo club coñecido como os Wasps.
Nos seus primeiros anos, foron moi nómades na súa existencia e xogaron nun total de 15 lugares. Dende 1909, só xogaron en tres.
En 1906, os Quins foron invitados pola Rugby Football Union para usar o Twickenham Stadium.
En 1963, os Quins adquiriron un terreo de atletismo de 14 acres (57.000 m2), que se converteu no campo de adestramento dos Harlequins. Este pasou a ser o seu fogar: a terra Stoop Memorial. Este é o nome de Adrian Dura Stoop.
No campo, e coa introdución das ligas en 1987, traendo consigo un contorno máis competitivo, os Quins mantiveran a súa posición na Primeira División, como un dos principais 12 clubs de Inglaterra ata o 2005.
O club gañou os torneos knockout da Rugby Football Union en dúas ocasións: a John Player Cup en 1988 e a Pilkington Cup en 1991. Ademais, xogaron as finais de 1992, 1993 e 2001. En 2012 chegou o seu primeiro título de liga, gañando na final a Leicester Tigers por 30-23.
Harlequins FC é o equipo que máis veces gañou a European Challenge Cup, a segunda competición continental, con 3 títulos no seu palmarés.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Competicións nacionais
[editar | editar a fonte]Competición | Títulos | 16 | 15 | 14 | 13 | 12 | 11 | 10 | 09 | 08 | 07 | 06 | 05 | 04 | 03 | 02 | 01 | 00 | 99 | 98 | 97 | 96 | 95 | 94 | 93 | 92 | 91 | 90 | 89 | 88 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Liga inglesa | 1 | - | 8 | 4 | 3 | 1 | 7 | 8 | 2 | 6 | 7 | 12 | 6 | 7 | 9 | 11 | 9 | 4 | 10 | 3 | 3 | 8 | 6 | 8 | 8 | 3 | 7 | 8 | 3 |
Competición | Títulos | 2016 | 15 | 14 | 13 | 12 | 11 | 10 | 09 | 08 | 07 | 06 | 05 | 04 | 03 | 02 | 01 | 00 | 99 | 98 | 97 | 96 | 95 | 94 | 93 | 92 | 91 | 90 | 89 | 88 | 87 | 86 | 85 | 84 | 83 | 82 | 81 | 80 | 79 | 78 | 77 | 76 | 75 | 74 | 73 | 72 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Copa inglesa | 2 | - | F | F | F | C | C |
- Na táboa da liga, o número indica a posición final ó remate da tempada regular. En vermello, ano no que foi campión.
- Na táboa da copa, o "C" en vermello indica o ano no que foi campión, e o "F" indica o ano no que foi finalista.
Competicións continentais
[editar | editar a fonte]Competición | Títulos | 2016 | 15 | 14 | 13 | 12 | 11 | 10 | 09 | 08 | 07 | 06 | 05 | 04 | 03 | 02 | 01 | 00 | 99 | 98 | 97 | 96 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Copa de Campións Europea de Rugby Copa de Europa | 0 | g | g | ¼ | g | g | ¼ | g | g | g | g | ¼ | ¼ |
Competición | Títulos | 2016 | 15 | 14 | 13 | 12 | 11 | 10 | 09 | 08 | 07 | 06 | 05 | 04 | 03 | 02 | 01 | 00 | 99 | 98 | 97 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
European Rugby Challenge Cup Challenge Cup | 3 | ½ | C | g | C | g | C |
- C = Campión; F = Finalista; ½ = Semifinalista; ¼ = Cuartofinalista; g = Caeu na fase de grupos.
Tempada actual
[editar | editar a fonte]
| |||||||||||||||
Posto | Equipo | Puntos | Xogados | Gañ. | Emp. | Per. | BO | BD | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1º | Saracens | 37 | 9 | 8 | 0 | 1 | 4 | 1 | |||||||
2º | Exeter | 34 | 9 | 7 | 0 | 2 | 4 | 2 | |||||||
3º | Harlequins | 31 | 9 | 6 | 1 | 2 | 3 | 2 | |||||||
4º | Leicester | 29 | 9 | 7 | 0 | 2 | 1 | 0 | |||||||
5º | Northampton | 22 | 9 | 4 | 0 | 5 | 1 | 5 | |||||||
6º | Wasps | 20 | 9 | 4 | 0 | 5 | 2 | 2 | |||||||
7º | Gloucester | 20 | 9 | 4 | 1 | 4 | 1 | 1 | |||||||
8º | Sale | 17 | 8 | 3 | 1 | 4 | 1 | 2 | |||||||
9º | Bath | 17 | 8 | 3 | 0 | 5 | 1 | 3 | |||||||
10º | Worcester | 10 | 9 | 2 | 0 | 7 | 1 | 3 | |||||||
11º | Irish | 8 | 9 | 2 | 0 | 7 | 0 | 0 | |||||||
12º | Newcastle | 7 | 9 | 1 | 1 | 7 | 0 | 1 | |||||||
<<<< 2014/15 — Tempadas — 2016/17 >>>> En verde os equipos en play offs (1º, 2º, 3º e 4º). |