Halsey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Halsey
Halsey 2019 by Glenn Francis.jpg
Nome completoAshley Nicolette Frangipane
AliasAshley
Nacemento29 de setembro de 1994
OrixeWashington
Ocupación
Instrumento(s)Voz · Guitarra · Guitarra Eléctrica ·[1]
editar datos en Wikidata ]

Ashley Nicolette Frangipane, nada en Nova Jersey, Estados Unidos, o 29 de setembro de 1994, máis coñecida polo seu nome artístico Halsey que é un anagrama do seu nome real, é unha cantante, deseñadora, pintora, produtora e compositora estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

1994-2012: Primeiros anos de vida e inicios da súa carreira[editar | editar a fonte]

Ashley Frangipane naceu o 29 de setembro de 1994 en Washington, Nova Jersey. Con todo, identifícase máis coa cidade de Nova York.[2] Ten dous irmáns pequenos. É birracial, sendo o seu pai afroamericano e a súa nai caucásica.[3] Iniciouse no mundo da música, orixinalmente tocando o violín, a viola, e o violoncello ata que cambiou estes instrumentos pola guitarra acústica cando tiña 14 anos.[4]

Ao principio planeou especializarse en Belas Artes e ir á universidade, pero despois de darse conta que non podía custealo, debido ao elevado prezo, inscribiuse nun colexio comunitario para estudar composición, coa que atopou unha conexión despois do seu primeiro semestre.[5] Con 18 anos, tiña problemas financeiros e a música converteuse no seu medio para pagar as súas débedas. Tocou en presentacións acústicas en diferentes cidades, con varios nomes artísticos.[4] Finalmente escolleu Halsey, xa que é un anagrama do seu nome e á súa vez unha rúa en Brooklyn na que pasou a súa adolescencia.

2014–2016: Room 93 e Badlands[editar | editar a fonte]

En 2014, Halsey gravou un canción chamada «Ghost» e publicouna na súa conta de SoundCloud. Posteriormente a canción fixo que chamase a atención, e despois de varias reunións con distintas discográficas, asinou un contrato con Astralwerks. Seguidamente, lanzou Hurricane como o seu sinxelo debut para pouco despois lanzar o seu EP debut titulado Room 93 (EP) o 28 de outubro de 2014.[2] O EP foi "visual" xa que contiña vídeos adicionais para catro das cinco cancións que o compoñen.[4] Ademais, en marzo de 2015, Halsey foi a persoa máis comentada en liña durante o evento South by Southwest.[6] Actuou como apertura da banda The Kooks durante a súa xira en 2014, tamén percorreu varias cidades de Estados Unidos en marzo e abril de 2015 como parte da súa xira The American You(th) Tour, en compañía da banda Young Rising Sons e Olivver the kid como convidado especial.[7][8] Incluíu algunhas das súas novas cancións no seu repertorio para os concertos, entre elas menciónanseː «Colors», «Control», «Castle», «Haunting» e «Roman Holiday».[9]

O 28 de agosto de 2015 publicou o seu álbum debut Badlands, confirmado nunha entrevista para a revista Teen Vogue.[10] O álbum logrou situarse en listas de varios países do mundo e logrou vender 141 000 copias durante a súa primeira semana; con isto, o álbum converteuse no segundo álbum debut feminino máis vendido do 2015 e terceiro en xeral.

O 2 de xuño de 2015 lanzou o seu primeiro sinxelo promocional «Hold Me Down» mediante a súa canle en Youtube, e tamén revelou a portada e lista de cancións do seu novo álbum.[11]

2017–presente: Hopeless Fountain Kingdom[editar | editar a fonte]

Halsey fixo referencia por primeira vez a Hopeless Fountain Kingdom en 2014, publicando en Twitter "(and the kingdom)" e durante 2016 na súa presentación no Madison Square Garden, puxo nas pantallas a frase "you can find me in the Kingdom".[12] En febreiro, convidou a máis de 100 fanáticos a unha igrexa, en Londres , para escoitar 4 cancións do álbum.[13]

En marzo, múltiples contas misteriosas en Twitter conectadas a Halsey saíron á luz, facendo referencia a dúas persoas chamadas Lúa e White Nite, e dúas casas, unha chamada "House of Angelus" e a outra "House of Aureum", en referencia aos dous bandos de Romeo e Julieta.

O álbum foi anunciado o 7 de marzo de 2017 a través da súa conta de Twitter, xunto con unha fotografía dela espida cunha rosa, e o 23 de marzo, anunciou que o álbum sairía á venda o 2 de xuño de 2017. O primeiro sinxelo do álbum foi Now Or Never lanzado o 4 de abril de 2017. Este logrou ser o sinxelo máis vendido de Halsey na súa primeira semana e debutou no posto número cincuenta do Billboard Hot 100 e semanas despois logrou alcanzar a posición número dezasete.[14] Ademais disto, tamén alcanzou boas posicións en países como Australia e Canadá onde foi certificada con disco de ouro. Posteriormente, lanzou dous sinxelos promocionais para o álbum, Eyes Closed e Strangers contando coa colaboración da integrante de Fifth Harmony, Lauren Jauregui a cal logrou ingresar no Billboard Hot 100 na posición número 100 sen ningún tipo de promoción. Despois disto, a cantautora estreou como segundo sinxelo oficial da era o tema Bad at love, o cal se converteu no segundo single máis vendido en solitario da cantante, chegou á posición número cinco do Billboard Hot 100 singles, alcanzou a posición número 6 en iTunes USA, no que se mantivo varios meses, gran parte deles dentro do top 10, e logrou chegar á posición número dous das radios pop nos Estados Unidos.[15]

O 2 de xuño foi lanzado «Hopeless Fountain Kingdom» e logrou debutar no número 1 de Estados Unidos sendo así o primeiro álbum feminino en debutar na cima do Billboard 200 en 2017 e o primeiro desde Joanne de Lady Gaga.[16] O álbum tamén foi número 1 en Canadá e top 15 noutros once países máis, tamén logrou certificar ouro nos Estados Unidos por chegar á cifra de 500.000 unidades vendidas no devandito país.[17] O álbum chegou á posición número uno de iTunes en máis de 30 países.

Estilo musical e influencias[editar | editar a fonte]

Alanis Morissette 5-19-2014.jpg
Amy Winehouse f4962007 crop.jpg
Alanis Morissette (izquierda) e Amy Winehouse (dereita) son dúas das artistas que influíron en Halsey.

Mentres crecía, Halsey viuse influenciada polos gustos musicais tanto do seu pai como da súa nai. Os principais xéneros que escoitaba eran o old school rap e o pop, sendo este último o que máis a inspirou durante a súa infancia e o que a levou até onde se atopa agora. Ela menciona que non tivo como modelos a Jimmy Buffett ou The Beach Boys xa que os seus pais eran moi novos, pero con todo criárona coa música de bandas como Coldplay e Nirvana. Porén, as artistas que máis admira son Alanis Morissette e Amy Winehouse, referíndose especialmente á súa forma honesta e auténtica ao compor temas.[10][18] Así mesmo, admite que unha das súas cancións favoritas é «You Oughta Know» de Morissette, á que describe como «irónica, sen complexos e autobiográfica».[18] Do mesmo xeito admira a Amy Winehouse de quen dixo que era unha influencia fundamental para ela e que «quere continuar coa súa mensaxe pero á súa propia maneira».[10]

Outro dos artistas aos que cita é Matty Healy da banda The 1975, pois a súa capacidade para compor e o seu desinterese son aspectos que ela admira; describindo o seu contido musical como «cheo de diálogo e lugares». Do mesmo xeito, comentou que crea unha imaxe honesta e auténtica nas súas cancións, e afirma: «fai música pop pero sen importar se encaixa na fórmula».[7]

Halsey tamén menciona a The Cure, Gin Blossoms, Tupac, Biggie, Bone Thugs-N-Harmony e Slick Rick.[19] A década dos 90 foi unha época que inspirou a súa música debido a que as cantautoras femininas tiñan máis oportunidades, de acordo ao expresado por ela: «se nacese fai 20 anos, sería un éxito hai moito tempo».[7]

A súa música incorpora os xéneros pop e indie principalmente, Halsey refírese a si mesma como «auténtica». Aínda que non ten un rango vocal alto, as súas letras honestas e emotivas conectan inmediatamente coas persoas, o seu son e as súas cancións contan historias moi persoais.[10] Describe ao seu contido musical como algo que trata sobre «estar triste e sexo», xa que para ela esta liña é case satírica. Céntrase en manter «unha cantidade saudable de vulnerabilidade» mentres conserva a «sensación de conciencia e autenticidade».[5]

Proxectos[editar | editar a fonte]

Halsey acompañou á banda Imagine Dragons durante a etapa norteamericana da súa xira Smoke and Mirrors Tour entre o 3 de xuño e 1 de agosto de 2015.[20] Tamén apareceu nalgunhas entrevistas e presentacións, entre eles Last Call with Carson Daly.[21]

O 13 de novembro de 2015, o cantante Justin Bieber publicou o seu novo álbum "Purpose" no cal Halsey colabora na canción "The Feeling".

O segundo álbum de estudo de Halsey titulado "Hopeless Fountain Kingdom" foi lanzado o 2 de xuño de 2017.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

En agosto de 2017 iniciou unha relación sentimental co rapeiro estadounidense G-Eazy a cal terminaría a inicios de xullo de 2018 tras unha suposta infidelidade por parte do rapeiro, isto durante o Hopeless Fountain Kingdom World Tour, pero logo ela perdonouno e continuaron coa súa relación, logo de sacar a canción "Him and I" a cal é unha mostra de cuan forte é o fío que os une. Tempo despois, separáronse definitivamente e Halsey sacou a súa canción "Without me" onde conta a historia da súa relación.

En 2019, comezou unha relación sentimental co cantante británico Yungblud.[22]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudo
  • 2014: Room 93 (EP)
  • 2015: Badlands
  • 2017: Hopeless Fountain Kingdom

Xiras musicais[editar | editar a fonte]

Como artista principal[editar | editar a fonte]

  • 2015: The American Youth Tour (con Young Rising Sons)
  • 2015-2016: Badlands Tour
  • 2017-2018: Hopeless Fountain Kingdom World Tour

Como teloneira[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. //radio.com/2015/09/24/halsey-goes-from-radio-listener-to-radio-artist/
  2. 2,0 2,1 "HALSEY SIGNS TO ASTRALWERKS WITH DEBUT SINGLE "GHOST"". astralwerks.com (en inglés). 25 de marzo de 2015. Consultado o 18 de marzo de 2019. 
  3. "Halsey - A biography". paradigmagency.com (en inglés). 8 de febreiro de 2015. Consultado o 18 de marzo de 2019. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Leight, Elias (16-10-2014). "Exclusive Premiere: Watch Singer-Songwriter's Halsey's Gritty 'Hurricane' Video From Her Visual 'Room 93' EP". billboard.com (en inglés). Consultado o 24-5-2019. 
  5. 5,0 5,1 Sherman, Maria (25-3-2015). "THE NEW AMERICANA: HALSEY TALKS SEX, STRENGTH & SONGWRITING AT SXSW". fuse.tv (en inglés). Consultado o 24-5-2019. 
  6. Flanagan, Andrew (23-3-2015). "Halsey, Run The Jewels & Miley Top Twitter's Most-Shared During SXSW". billboard.com (en inglés). Consultado o 24-5-2019. 
  7. 7,0 7,1 7,2 Carroll, Ellie (29-10-2014). "INTERVIEW: HALSEY". allthingsgomusic.com (en inglés). Consultado o 24-5-2019. 
  8. "HALSEY REVEALS 'AMERICAN YOUTH' SPRING TOUR DATES". 
  9. "HALSEY / AMERICAN YOUTH TOUR". Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2015. Consultado o 18 de marzo de 2019. 
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 "Sound Scout: Meet Halsey, Songstress Who's Making Waves With Her Feminist Pop Mystique". 
  11. "HALSEY UNVEILS NEW TRACK “HOLD ME DOWN” AND ALBUM TRACKLIST". 
  12. "(and the Kingdom)". 
  13. "I sent sneaky invites to 100 fans in London yesterday to hear 4 new songs off of my next record. We cried.". 
  14. "HALSEY’S “NOW OR NEVER” ARRIVES AT #50 ON BILLBOARD HOT 100". 
  15. "Halsey Chart History - Billboard". 
  16. "On the Charts: Halsey's 'Hopeless Fountain Kingdom' Reigns at Number One". 
  17. "On The Charts: June 12, 2017". fyi music news. 
  18. 18,0 18,1 "HALSEY IS THE NEW KID ON THE POP BLOCK AND SHE'S DOING EXACTLY WHAT SHE WANTS". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 18 de marzo de 2019. 
  19. "Who Influenced Halsey? She Was ‘Raised On Biggie And Nirvana’". 
  20. "Imagine Dragons Announce North America Tour: See The Dates". 
  21. "HALSEY MAKES LATE NIGHT TV DEBUT ON LAST CALL WITH CARSON DALY; PERFORMS "TROUBLE" AND "GHOST"". 
  22. Guerrero, Alexa (22-2-2019). "HALSEY Y YUNGBLUD HABLAN POR PRIMERA VEZ DE SU RELACIÓN". nacionrex.com (en castelán). Consultado o 24-5-2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]