The Notorious B.I.G.

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Notorious B.I.G.
The Notorious B.I.G. graffiti.jpg
Nome completo Christopher George Latore Wallace
Alcume Notorious B.I.G., Biggie, Biggie Smalls e Frank White
Nacemento 21 de maio de 1972
Lugar Nova York
Falecemento 9 de marzo de 1997
Lugar West Hollywood e Cedars-Sinai Medical Center
Causa ferida por arma de fogo
Nacionalidade Estados Unidos de América
Etnia Afroamericano
Ocupación músico, poeta, narcotraficante e rapper
Cónxuxe Faith Evans
editar datos en Wikidata ]

Christopher George Latore Wallace, nado en Brooklyn (Nova York) o 21 de maio de 1972 e finado nos Ánxeles (California) o 9 de marzo de 1997, foi un rapeiro estadounidense, máis coñecido como The Notorious B.I.G.. Tamén se lle coñece como Biggie Smalls (como o refinado gánster do filme de 1975 Let's Do It Again) ou como Frank White (como o personaxe interpretado por Christopher Walken en King of New York).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Wallace medrou durante os anos de auxe do crack, comezou a traficar con drogas con moi pouca idade. Cando publicou o seu primeiro álbum en 1994 Ready to Die, xa era a figura central na escena hip-hop da Costa Leste que rivalizaba coa Costa Oeste liderada por Tupac Shakur. Ó ano seguinte forma o grupo Junior M.A.F.I.A. con outros amigos de infancia. O 9 de marzo de 1997 Wallace morría tiroteado no seu coche nos Ánxeles, o seu segundo álbum Life After Death, saíu quince días despois, chegando ó número un nas listas americanas, converténdose no álbum de hip-hop máis vendido con 28 millóns de discos. Editáronse outros tres álbums despois da súa morte. A MTV clasificouno no terceiro posto na lista dos máis grandes MC de todos os tempos.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.