Hainan
Hainan (chinés: 海南, pinyin: Hǎinán), provincia insular da República Popular da China formada por diferentes illas; a maior delas é a de Hainan. A súa capital é Haikou. Está situada no Mar da China Meridional, na parte máis meridional do país, moi preto de Vietnam. É a única provincia chinesa constituída por un arquipélago. Este arquipélago consiste nunha serie de illas tropicais localizadas ao sur da provincia de Cantón, a maior das cales se chama Illa de Hainan (Hainan Dao), sendo que, en chinés, é común referirse á illa principal cando se fala de Hainan.
Esta provincia é albo de disputas entre a República Popular da China e os países veciños, maiormente no que toca ás Illas Spratly e ás Illas Paracel. No final dos anos 1980, o líder histórico da transición chinesa, Deng Xiaoping, recoñeceu a provincia como Zona Económica Especial.
Actualmente, a provincia ten investido no turismo, aproveitando as súas praias paradisíacas, as súas montañas cubertas de bosques luxuriantes e a súa cultura diversificada. A montaña máis alta é Wuzhi, con 1 840 metros de altitude.
Características
[editar | editar a fonte]A illa de Hainan ten unha extensión de 34.000 quilómetros cadrados e unha poboación de máis de oito millóns de persoas (2003). Na zona habitan maioritariamente membros das etnias miao e li, con trazos moi parecidos aos vietnamitas. A relixión maioritaria é o budismo, seguida do islam e o cristianismo
Historia
[editar | editar a fonte]A illa foi conquistada polas tropas do emperador Qin Shi Huang aínda que o exército pronto a abandonou debido á resistencia dos li e á falta de atractivos. Hainan foi reconquistada pola dinastía Tang e converteuse no canto de desterro.
Hainan ten o status de provincia desde o ano 1988; antes dependía da administración de Guangdong. Desde ese mesmo ano considérase como zona económica especial. É unha das provincias menos industrializadas de todo o país.
División administrativa
[editar | editar a fonte]A provincia de Hainan utiliza un sistema administrativo lixeiramente diferente ao das outras provincias da China. A maioría destas divídense en prefecturas, cada unha das cales se divide por completo a nivel de divisións de condado. As divisións de nivel de condado xeralmente non dependen directamente da provincia. En Hainan, case todas as divisións a nivel de condado (exceptuados os catro distritos) dependen directamente da provincia. Este método de división débese á relativamente escasa poboación de Hainan, duns 8,6 millóns de persoas.
Mapa | |||||
---|---|---|---|---|---|
# | Nome | Capital | Caracteres e Pinyin |
Poboación (2010) | |
cidade-prefectura | |||||
1 | Haikou | Meilan | 海口市 Hǎikǒu Shì |
2 046 189 | |
2 | Sanya | Hedong | 三亚市 Sānyà Shì |
685.408 | |
*19 | Sansha | Yongxing | 三沙市 Sānshā Shì |
444 | |
Cidade-subprefectura | |||||
3 | Wenchang | Wencheng | 文昌市 Wénchāng Shì |
537.428 | |
4 | Qionghai | Jiaji | 琼海市 Qiónghǎi Shì |
483.217 | |
5 | Wanning | Wancheng | 万宁市 Wànníng Shì |
545.597 | |
6 | Wuzhishan | Chongshan | 五指山市 Wǔzhǐshān Shì |
104.122 | |
7 | Dongfang | Basuo | 东方市 Dōngfāng Shì |
408.309 | |
8 | Danzhou | Nada | 儋州市 Dānzhōu Shì |
932.362 | |
Condado | |||||
9 | Lingao | Lincheng | 临高县 Língāo Xiàn |
427.873 | |
10 | Chengmai | Jinjiang | 澄迈县 Chéngmài Xiàn |
467.161 | |
11 | Ding'an | Dingcheng | 定安县 Dìng'ān Xiàn |
284.616 | |
12 | Tunchang | Tuncheng | 屯昌县 Túnchāng Xiàn |
256.931 | |
Condado autónomo | |||||
13 | Changjiang Li | Shilü | 昌江黎族自治县 Chāngjiāng Lízú Zìzhìxiàn |
223.839 | |
14 | Baisha Li | Yacha | 白沙黎族自治县 Báishā Lízú Zìzhìxiàn |
167.918 | |
15 | Qiongzhong Li e Miao | Yinggen | 琼中黎族苗族自治县 Qióngzhōng Lízú Miáozú Zìzhìxiàn |
174.076 | |
16 | Lingshui Li | Yelin | 陵水黎族自治县 Língshuǐ Lízú Zìzhìxiàn |
320.468 | |
17 | Baoting Li e Miao | Baocheng | 保亭黎族苗族自治县 Bǎotíng Lízú Miáozú Zìzhìxiàn |
146.684 | |
18 | Ledong Li | Baoyou | 乐东黎族自治县 Lèdōng Lízú Zìzhìxiàn |
458.876 | |
Zona económica especial | |||||
20 | Yangpu | Xinganchong | 洋浦经济开发区 Yángpǔ Jīngjì Kāifā Qū |
37.000 | |
Véxase:Oficina Administrativa das Illas Xisha, Zhongsha e Nansha. |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Hainan |