Guille Bueno
Guille Bueno | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Guillermo Bueno López | ||
Nacemento | 18 de setembro de 2002 | ||
Lugar de nacemento | Gondomar | ||
Altura | 1,78 m. | ||
Posición | Lateral esquerdo | ||
Información de club | |||
Club actual | Borussia Dortmund II | ||
Número | 3 | ||
Carreira xuvenil | |||
–2014 | Gondomar | ||
2014–2016 | Areosa | ||
2016–2017 | Val Miñor | ||
2017–2020 | Areosa | ||
2020–2021 | Deportivo da Coruña | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2021– | Borussia Dortmund II | 48 | (1) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 3 de novembro de 2023. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Guillermo "Guille" Bueno López, nado en Gondomar o 18 de setembro de 2002, é un futbolista galego que xoga como lateral esquerdo no Borussia Dortmund II. É irmán xemelgo do tamén futbolista Hugo Bueno, xogador do Wolverhampton Wanderers.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou a xogar ao fútbol xunto ao seu irmán xemelgo Hugo no Gondomar do seu concello natal. En idade cadete pasou xunto a Hugo á canteira do Areosa, no que xogaron nos seguintes anos coa excepción dun intervalo no ED Val Miñor.[1] Durante a tempada 2018/19 compaxinaron o equipo xuvenil do Areosa, da Liga Nacional, co xuvenil do Comesaña, na Liga Galega.
En 2019 Hugo deixou Galicia e ingresou na canteira do Wolverhampton Wanderers inglés, separándose así por primeira vez as traxectorias dos dous irmáns.[2][3] Guille continuou un ano máis no Areosa antes de fichar polo Deportivo da Coruña Xuvenil en 2020.[4] Co equipo de Óscar Gilsanz proclamouse campión da División de Honra e da Copa de Campións, sendo titular na final contra o equipo xuvenil do FC Barcelona, onde formou liña defensiva xunto a Trilli, Fito e Dani Barcia.[5]
Despois dunha tempada na Coruña, fichou no verán de 2021 polo Borussia Dortmund alemán, co que asinou un contrato de tres anos, uníndose inicialmente ao seu equipo filial, o Borussia Dortmund II.[6][7] A súa fichaxe provocou malestar no Deportivo, que criticou que o xogador xa tiña acordada a súa renovación co club galego.[8]
Debutou co filial do Borussia o 24 de outubro de 2021, nun partido da 3. Liga ante o Viktoria Köln no Stadion Rote Erde (0-1).[9]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Refojos, Borja (4 de xullo de 2022). "El futuro, dos veces Bueno" (en castelán). Consultado o 16 de setembro de 2023.
- ↑ Gil, Dani (3 de febreiro de 2023). "Hugo Bueno interview: Everybody picks me in fantasy football – even Joao Moutinho" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 3 de febreiro de 2023. Consultado o 16 de setembro de 2023.
- ↑ Lara, Miguel Ángel (12 de xullo de 2020). "Hugo Bueno: la familia y uno más". Marca (en castelán). Consultado o 16 de setembro de 2023.
- ↑ "Hugo Bueno, del Areosa a los Wolves sin escalas". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de febreiro de 2022. Consultado o 16 de setembro de 2023.
- ↑ Antelo, Iván (27 de xuño de 2021). "Noel destroza al Barça y el Dépor alza la Copa de Campeones". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 3 de novembro de 2023.
- ↑ Otero, Marcos (16 de agosto de 2021). "Guille Bueno y una historia enrevesada". La Opinión A Coruña. Consultado o 3 de novembro de 2023.
- ↑ "BVB verpflichtet Guille Bueno von Deportivo La Coruña - Ex-Klub erwägt nun offenbar Klage" (en alemán). 1 de setembro de 2021. Consultado o 3 de novembro de 2023.
- ↑ Yordi, Juan (2 de setembro de 2021). "Carlos Rosende: "El Borussia Dortmund no ha respetado al Deportivo"". Marca (en castelán). Consultado o 3 de novembro de 2023.
- ↑ "Guille Bueno debuta con el filial del Borussia". La Opinión A Coruña (en castelán). 28 de outubro de 2021. Consultado o 3 de novembro de 2023.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador en LaPreferente (en castelán).