Ute Wartenberg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaUte Wartenberg Kagan

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1963
Saarbrücken, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidade Alemá
Educación Universidade do Sarre.
Universidade de Oxford.
Coñecido porEstudos de numismática grega.
Actividade
Campo de traballoNumismática
Ocupaciónnumismático , arqueóloga Editar o valor em Wikidata
Premios
(2015): Premio da GIG.


Ute Wartenberg Kagan, nada en 1963 en Saarbrücken, no Sarre, é unha numismática alemá especializada na moeda da Antiga Grecia, vinculada ao Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico e á American Numismatic Society.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Wartenberg é natural do Sarre, en Alemaña, onde recibiu a súa primeira educación. Entre 1982 e 1985 cursou os seus estudos superiores de Historia Antiga na Universidade do Sarre en Saarbrücken, con especialidade en numismática, filoloxía grega e arqueoloxía clásica.[1][2] Nesta etapa universitaria frecuentou eventos relacionados coa numismática e coñeceu especialistas nesa área, como Ursula Kampmann ou Dietrich Klose.[3]

Logo da consecución dunha bolsa Cecil Rodes de posgrao, en 1987 ingresou na Universidade de Oxford, na que en 1990 acadou o seu doutoramento en Literatura Clásica, cunha tese sobre a materia da papiroloxía titulada Some papyri from Oxyrhynchus.[1][3][4] En Oxford exerceu tamén a docencia de lingua e literatura gregas.[2]

En 1991, logo do súpeto falecemento de Martin Price, ingresou como conservadora de moeda da Antiga Grecia no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, posto que ocupou durante sete anos.[1][2][3][5] Nese período, a Academia Británica encomendoulle o desenvolvemento dun sistema para a dixitalización de coleccións para a serie Sylloge Nummorum Graecorum.[3]

En 1998 abandonou o Museo Británico logo do ofrecemento da American Numismatic Society para se facer cargo da súa dirección executiva, cargo que ocupou ata o 1 de novembro de 2019.[1][2][3] En 2021 foi nomeada presidenta desta entidade.[5][6][7][2]

Nesta súa etapa nos Estados Unidos, Wartenberg foi membro do Departamento de Estudos Clásicos da Universidade Columbia, en Nova York. Nese país foi conservadora de diversas coleccións numismáticas, como a colección Amastris, e participou como asesora experta como directiva en diversos comités, para organismos como o Congreso dos EEUU e a secretaría do Tesouro.[2][8] Así mesmo, foi a organizadora de exposicións tan salientables como Drachmas, Doubloons and Dollars: The History of Money, celebrada en 2002 no Banco da Reserva Federal de Nova York.[9]

En 2015 foi elixida membro do comité de dirección do Consello Internacional de Numismática, como editora internacional do boleín INC News.[10][11] Desde 2019 ata 2022 presidiu o Comité Internacional para os Museos Monetarios e Bancarios (ICOMON), que forma parte do Consello Internacional de Museos (ICOM), da UNESCO.[2][8]

Desde 2008 forma parte da Sociedade de Anticuarios de Londres.[2][12]

Como investigadora, centra o seu interese na economía da Antiga Grecia, nas primeiras cuñaxes gregas da época arcaica e na moeda do Imperio Aqueménida, en particular no papel das primeiras emisións monetarias en electro e en prata durante o século VI a. de C. Desde 1991 está involucrada no proxecto Coin Hoards, dedicado á compilación de información sobre achados monetarios da Antiga Grecia, xunto con Andrew Meadows.[9]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Esta é unha escolma das publicacións de Ute Wartenberg máis representativas da súa traxectoria:[14][15][16]

  • (1994). Coin hoards. Vol. VIII: Greek hoards (con M. J. Price). Royal Numismatic Society, Londres.
  • (1995). After Marathon: war, society, and money in fifth-century Greece. British Museum, Londres. ISBN 9780714108827
  • (1997). The Oxyrhynchus papyri. Part LXIV (con E. W. Handley). British Academy / Egypt Exploration Society. ISBN 9780856981296
  • (2002). Coin hoards. Vol. IX: Greek hoards (con A. Meadows). Royal Numismatic Society, Londres.
  • (2010). Coin hoards. Vol. X: Greek hoards (con O. D. Hoover e A. Meadows). ANS, Nova York / RNS, Londres. ISBN 9780897223157
  • (2017). Coins, artists, and tyrants: Syracuse in the time of the Peloponnesian War (con W. Fischer-Bossert et al.). American Numismatic Society, Nova York. ISBN 9780897223416
  • (2020). White gold: studies in early electrum coinage (con P. G. van Alfen). American Numismatic Society, Nova York. ISBN 9780897223492
  • (2021). Numismatic Antiquarianism Through Correspondence 16th 18th Centuries (con F. de Callataÿ). American Numismatic Society. ISBN 9780897223683

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Kampmann, U. (2019). "Ute Wartenberg Resigns as Executive Director of the ANS". En Coins Weekly. 24 de outubro.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 "Ute Wartenberg Becomes First Female ANS President". En Coins Weekly. 5 de novembro de 2020.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 "Ute Wartenberg wird mit dem Ehrenpreis der CIG ausgezeichnet". En Münzenwoche. 23 de xullo de 2015.
  4. "Wartemberg, U. (1990[1991]). Some papyri from Oxyrhynchus. Thesis/dissertation. D. Phil. University of Oxford.
  5. 5,0 5,1 "Ute Wartenberg Kagan". The British Museum.
  6. "Presidents and Chairmen of the American Numismatic Society". American Numismatic Society.
  7. "Press Release: Ute Wartenberg steps into Syd Martin’s role as ANS President". American Numismatic Society. 30 de outubro de 2020.
  8. 8,0 8,1 "ICOMON Board Members". International Committee for Money and Banking Museums.
  9. 9,0 9,1 "Ute Wartenberg Kagan Arquivado 13 de xuño de 2021 en Wayback Machine.". American Numi smatic Society.
  10. "Committee of the INC Arquivado 05 de xullo de 2018 en Wayback Machine.". International Numismatic Council.
  11. "INC News Arquivado 16 de xuño de 2021 en Wayback Machine.". International Numismatic Council.
  12. "Dr Ute Wartenberg Kagan". Society of Antiquaries of London.
  13. "GIG-Ehrenpreisträger". Gesellschaft für Internationale Geldgeschichte.
  14. "Wartenberg, Ute". WorldCat Identities.
  15. "Wartenberg, Ute Arquivado 28 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
  16. "Ute Wartenberg". Academia.edu

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]