Saltar ao contido

Groselleira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Grosella»)
Groselleiras (xénero Ribes)

Ribes petraeum
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Saxifragales
Familia: Grossulariaceae
Xénero: Ribes
L.
Especies

Véxase no texto

Sinonimia

As groselleiras[2] son arbustos pertencentes ao xénero Ribes que conta con arredor de 150 especies de arbustos naturais das zonas temperadas do hemisferio norte; considérase normalmente o único xénero da familia Grossulariaceae (as grosulariáceas). Aprécianse polas súas bagas, consideradas froitos do bosque. Inclúe especies coma a groselleira negra, R. nigrum, vermella, R. rubrum e branca ou espiñenta, R. uva-crispa), así coma varias especies de ornamentais.

En Galiza non son comúns as especies bravas, mais si aparecen como ornamentais en xardíns.

Existen varias especies semellantes en Europa, Asia e América do Norte que tamén producen bagas comestíbeis, aínda que se considera o seu sabor máis pobre. Entre elas atópase Ribes spicatum (norte de Europa e norte de Asia), R. schlechtendalii (nordés de Europa), R. multiflorum (sueste de Europa), R. petraeum (suroeste de Europa) e R. triste (América do Norte: dende Terra Nova a Alasca e cara ao sur en zonas montañosas).

Especies seleccionadas

[editar | editar a fonte]
Bagas de grosella
  1. "Groselleira". Tropicos.org. Xardín Botánico de Missouri. Consultado o 23 de xullo de 2010. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para groselleira.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  1. Durán-Espinosa, C. 2001. Grossulariaceae. Fl. Veracruz 122: 1–15.
  2. Flora of China Editorial Committee 2001. Fl. China Vol. 8.
  3. Freire Fierro, A. 2004. Grossulariaceae. Fl. Ecuador 73: 41–66.
  4. Luteyn, J. L. 1999. Páramos, a checklist of plant diversity, geographical distribution, and botanical literature. Mem. New York Bot. Gard. 84: viii–xv, 1–278.
  5. Standley, P. C. & J. A. Steyermark 1946. Saxifragaceae. In Standley, P.C. & Steyermark, J.A. (Eds), Flora of Guatemala - Part IV. Fieldiana, Bot. 24(4): 416–423.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]