John Lindley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
John Lindley
Nacemento5 de febreiro de 1799
Lugar de nacementoCatton e Old Catton
Falecemento1 de novembro de 1865
Lugar de falecementoTurnham Green
SoterradoActon
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Alma máterNorwich School
Ocupaciónbotánico, pteridólogo, briólogo, profesor universitario, escritor, micólogo, editor literario, ilustrador científico e orchidologist
PaiGeorge Lindley
NaiMary Moore
CónxuxeSarah Freestone
FillosNathaniel Lindley, Baron Lindley, Sarah Lindley Crease, Barbara Lindley e George Lindley
Coñecido porEdwards's Botanical Register
Premiosmembro da Royal Society, Medalla Real, Fellow of the Linnean Society of London e Fellow of the American Academy of Arts and Sciences
Na rede
WikiTree: Lindley-1278 Find a Grave: 45348308 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

John Lindley, nado en Catton, preto de Norwich, Inglaterra, o 8 de febreiro de 1799 e finado en Turnham Green, Londres, o 1 de novembro de 1865, foi un paleontólogo, naturista, e botánico británico.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Seu pai, George Lindley, que rexentaba un xardín-viveiro, foi o autor de A Guide to the Orchard and Kitchen Garden (Unha guía para hortas e xardíns).

Fai os seus estudos na Escola de Gramática de Norwich e traduce, en 1819, sendo a súa primeira publicación, o Analyse du fruit (A análise da froita) do botánico francés Louis Claude Marie Richard (1754-1821). Ao ano seguinte 1820, publica a Monographia Rosarum onde describe novas especies e que el mesmo ilustra.

En 1821 contribuíu con dous traballos: Monographia Digitalium, e Observations on Pomaceae á Sociedade Linneana de Londres ("Linnean Society").

Establécese pouco despois en Londres onde traballa como empregado para John Claudius Loudon (1783-1843) para redactar as partes descritivas de Encyclopaedia of Plants (Enciclopedia das Plantas).

Durante este traballo, que publica en 1829, vólvese un convencido da superioridade do sistema natural de Antoine Laurent de Jussieu (1748-1836) con relación ao sistema empregado por Carl von Linné (1707-1778).

A súa convicción tomou unha forma máis definida en A Synopsis of British Flora, arranged according to the Natural Order (Unha Sinopse da Flora Británica, clasificación de acordo á Orde Natural) (1829) e en An Introduction to the Natural System of Botany (Unha Introdución ao Sistema Natural da Botánica) (1830).

En 1829, Lindley obtén a cátedra de Botánica no University College de Londres, posto que conserva até 1860. En 1822, é nomeado secretario da Sociedade de horticultura. Lindley é laureado da Medalla Royal en 1857.

Lindley dá conferencias a partir de 1831 na Royal Institution e a partir de 1836 no Xardín Botánico de Chelsea. Lindley é o autor de numerosas obras e artigos, tanto científicos como vulgarizadores. Contribúe frecuentemente ao Botanical Register. Participa na fundación da revista Gardener's Chronicle sendo o seu primeiro editor. Ocúpase tamén da sección consagrada á horticultura.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Un bosquexo dos principios fundamentais da Horticultura (An Outline of the First Principles of Horticulture) 1832
  • Un bosquexo da estrutura e fisioloxía das plantas (An Outline of the Structure and Physiology of Plants) 1832
  • Nixus Plantarum. 1833
  • O Sistema Natural da Botánica (A Natural System of Botany) 1836
  • Con William Hutton (1797-1860) A Flora Fósil de Gran Bretaña (The Fossil Flora of Great Britain, or Figures & Descriptions of the Vegetable remains found in a Fossil State in the Country) 1831-1837
  • Flora Médica. 1838
  • A Teoría da Horticultura (Theory of Horticulture) 1840
  • O Reino Vexetal (The Vegetable Kingdom) 1846
  • Folia Orchidacea. 1852
  • Botánica Descritiva (Descriptive Botany) 1858
  • Ladies' Botany. 6ª ed. 1865

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]