Gregorio Ferro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Gregorio Ferro Requeixo»)
Gregorio Ferro
Nacemento24 de decembro de 1742
Lugar de nacementoLamas
Falecemento23 de xaneiro de 1812
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterReal Academia de Belas Artes de San Fernando
Ocupaciónpintor
editar datos en Wikidata ]

Gregorio Ferro Requeixo, nado en Lamas (Boqueixón) o 24 de decembro de 1742 e finado en Madrid o 22 de xaneiro de 1812, foi un pintor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado no seo dunha familia da fidalguía local de Boqueixón, os seus primeiros anos vense truncados en 1750 coa morte da súa nai e o novo casamento do seu pai.

Martirio de San Sebastián, cadro co que o nomearon académico de San Fernando.

Trasladouse a Santiago de Compostela e ingresou como servente, ou "rapaz de sancristía", no mosteiro de San Martiño Pinario, onde tivo os seus primeiros contactos coa pintura.

Axudado por un sacerdote vinculado á familia trasladouse a Madrid con quince anos, e entrou na Real Academia de Belas Artes de San Fernando da man de Anton Raphael Mengs.

Despois marchou a Roma a completar a súa formación e alí gañou varios premios. Obtivo unha pensión da Academia que foi mellorada polo seu mentor, Mengs, do seu peto. Antes de marchar a Roma xa realizara algúns debuxos para a Corte, sendo elixido en 1781 Académico de San Fernando grazas a un cadro do Martirio de San Sebastián.

En 1788 foi nomeado Tenente Director da Academia en substitución de Francisco Bayeu, para pasar a ser o seu Director de Pintura en 1791 logo da renuncia de Francisco de Goya. En outubro de 1804 a Academia propúxoo como Director, nomeamento aprobado polo Rei Carlos IV o 4 de novembro. Nunca chegou ao posto de Pintor de Cámara, quizais pola dura competencia da época.

Realizou moitas obras nos Reales Sitios e Palacios, en especial en Madrid e Aranjuez, incluíndo varios frescos no Palacio Real e diversos cadros de temática relixiosa en igrexas da Corte, ademais doutras obras menores na zona de Murcia, provincia de Cuenca e Galicia sobre todo.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]