Saltar ao contido

Gran Premio do Pacífico

Modelo:Competición deportivaGran Premio do Pacífico
Imaxe
Tipoevento deportivo recorrente Editar o valor en Wikidata
Deportedeportes de motor Editar o valor en Wikidata
OrganizadorFederación Internacional do Automóbil Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónWeatherTech Raceway Laguna Seca (Condado de Monterey (pt) Traducir) 36°35′05″N 121°45′10″O / 36.584722222222, -121.75277777778 Editar o valor en Wikidata
Vixencia1994 – Editar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata

O Gran Premio do Pacífico foi unha carreira do Campionato do Mundo de Fórmula Un celebrada en dúas ocasións na década de 1990. Ambas carreiras celebráronse no Circuíto Internacional Tanaka (agora Circuíto Internacional de Okayama), un trazado lento e sinuoso de 3´703 km. en Aida (preto de Kōbe), Xapón. Despois do terremoto de Kobe de 1995, o Gran Premio do Pacífico trasladouse de pricncipio de tempada ó final da mesma.

O Gran Premio do Pacífico tamén se celebrou en Laguna Seca desde 1960 ata 1963, pero estas carreiras non eran de Campionato.

A carreira inaugural do Campionato en 1994 viu unha fácil vitoria de Michael Schumacher logo de que Ayrton Senna estivera involucrado nun accidente na primeira curva con Mika Häkkinen e Nicola Larini. Schumacher superou a Senna na primeira curva e o seu liderado nunca foi ameazado no resto da carreira. Schumacher puido dobrar ó segundo clasificado, Gerhard Berger no último terzo da carreira, pero elixiu non facelo. A volta rápida estableceuse na volta 3. A carreira foi boa para o equipo Jordan e Rubens Barrichello que acadou o seu primeiro podio na F1 co terceiro lugar. O máis recente Gran Premio do Pacífico en 1995 culminou nunha vitoria táctica para Michael Schumacher, asegurando o seu segundo Campionato do Mundo, e converténdose no máis novo dobre campión do mundo nese momento. Fernando Alonso superou a marca de Schumacher, ao gañar o seu segundo Campionato Mundial en 2006, e Sebastian Vettel superou a ambos en 2011.

Esta carreira fixo do Xapón un dos seis países (os outros son Gran Bretaña, España, Alemaña, Italia e os Estados Unidos) en albergar máis dunha carreira de Fórmula Un no mesmo ano. Que se suspendeu debido principalmente á localización do circuíto TI nunha zona remota do Xapón.

Co anuncio de que o Gran Premio do Xapón cámbiabase do circuíto de Suzuka á Fuji Speedway en 2007, houbo especulacións nos medios de que Suzuka podía conservar unha carreira resucitando o Gran Premio do Pacífico. Con todo, máis tarde anunciouse que o Gran Premio do Xapón alternariase entre Fuji e Suzuka a partir de 2009, aínda que a alternancia foi cancelada por Toyota, propietaria do Fuji Speedway debido á crise económica.

Patrocinadores

[editar | editar a fonte]

Foster no Gran Premio do Pacífico de 1994.

Marlboro no Gran Premio do Pacífico de 1995.

Os gañadores do Gran Premio de Gran Pacífico

[editar | editar a fonte]

Un fondo de cor rosa indica que unha carreira que non forma parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un.

Ano Piloto Construtor Circuíto Resultados
1995 Alemaña Michael Schumacher Benetton-Renault Circuíto TI Resultados
1994 Alemaña Michael Schumacher Benetton-Ford Circuíto TI Resultados
1993
-
1964
Non celebrado
1963 Dave MacDonald Cooper-Ford Laguna Seca Resultados
1962 Roger Penske Zerex Special–Climax Laguna Seca Resultados
1961 Stirling Moss Lotus-Climax Laguna Seca Resultados
1960 Stirling Moss Lotus-Climax Laguna Seca Resultados