Cephalorhynchus commersonii
Cephalorhynchus commersonii | |||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||||||
Cephalorhynchus commersonii (Lacépède, 1804) [1] | |||||||||||||||||||||||||||||
Distribución de Cephalorhynchus commersonii
| |||||||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||||||
|
Cephalorhynchus commersonii é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos delfínidos.
A especie foi definida en 1804 por Bernard-Germain de Lacépède na súa obra Histoire Naturelle des Cétacées,[2] onde lle deu o nome de Delphinus commersonii.
Lacépède dedicou a a nova especie ao naturalista Philibert Commerson, que formaba parte da expedición do barón de Bougainville ao redor do mundo.
Máis tarde, en 1892, foi reclasificada polo perito arxentino Francisco P. Moreno, como Lagenorhynchs floweri e, finalmente, en 1948, como Cephalorhynchus commersonii, que é o seu nome científico válido na actualidade.
Características
[editar | editar a fonte]Trátase dun animal moi rechamante e relativamente fácil de identificar mesmo no mar. As súas principais características son:[3]
- Corpo pequeno (para un golfiño) e repoludo, de cor negra e branca, e sen bico. O peso dos adultos é de 60 a 60 kg, e o das crías, ao nacer, duns 6 kg.
- Cabeza coa fronte lixeiramente inclinada cara ao extremo da anterior, o que lle dá a esta unha aparencia cónica.
- Aletas pectorias e dorsal arredondadas, todas elas de cor negra.
- Adoita nadar en pequenos grupos de até 15 individuos, que se aproximan aos barcos. Ocasionalmente xúntanse até 100 espécimes.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Na especie distínguense dúas subespecies, separadas xeograficamente:[4][5]
- Cephalorhynchus commersonii commersonii (Lacépède, 1804)
- Cephalorhynchus commersonii commersonii (Lacépède, 1804)
- Cephalorhynchus commersonii kerguelensis Robineau, Goodall, Pichler & Baker, 2007
Bioloxía
[editar | editar a fonte]Distribúese, segundo parece de forma continua, ao longo da costa suramericana, desde a península Valdés (Arxentina) até a Terra do Fogo, nas de Chile ao sur dos 51º S, e nas das illas Malvinas (a subespecie nominal, C. c. commersonii)[4] e nas Kerguelen (supespecie C. c. kerguelensis), a 8 000 km ao leste dos seus conxéneres.[4]
Este golfiño é un nadador rápido, e con frecuencia activo cerca da superficie ou nela. Salta a miúdo, e ás veces nada invertido, volteándose; pode practicar surf cando as ondas son grandes, mesmo nas zonas costeiras. Seguramente captura o seu alimento, consistente fundamentalmente en krill, pequenos peixes, cefalópodos e diversos invertebrados bentónicos.[3]
Femias e machos alcanzan a madurez sexual máis ou menos á mesma idade, entre os 6 e os 9 anos. A reprocución ocorre na primavera e o verán austrais, e a xestación dura 11 meses. Poden alcanzar unha lonxevidade duns 18 anos.
Estado de conservación
[editar | editar a fonte]A poboación global da especie non se coñece, pero localmente considérase como común. Un estudo de 1984 avaliaba en 3 400 o número de individuos presentes no estreito de Magallanes.
Pero as capturas deste golfiño en Chile e na Arxentina, sobre todo para empregar a súa carne como engado para as pescarías de cangrexos, pode que sexa unha ameaza importante para a súa poboación nestas zonas.[3]
En 2008 a especie foi catalogada na Lista vermella da UICN, como de datos insuficientes, por falta de información sobre o tamaño da poboación, a súa tendencia e as ameazas sobre ela. Pero, polo anteriormente dito, hai razóns para pensar que, polo menos a subespecie de Suramérica, está experimentando un descenso nalgunhas zonas da súa área de distribución. Porén, requírense máis investigacións para establecer a estrutura da poboación na Arxentina e a mortalidade inducida polo ser humano.[5]
Nome galego
[editar | editar a fonte]Na bibliografía consultada, o único nome galego encontrado para esta especie é o de golfiño de Commerson, que lle dan Lahuerta e Vázquez no seu Vocabulario multilingüe,[6] nome concordante co doutras linguas próximas: alemán, Commerson-Delfin; catalán, dofí de Commerson; francés, dauphin de Commeson; inglés, Commerson's dolphin; portugués, golfinho-de-Commerson. En castelán, aínda que tamén é coñecido na bibliografía como delfín de Commerson, son máis populares as denomonacións locais suramericanas defín pío e tonina overa; pola súa parte en italiano é cefalorinco di Commerson, porque neste idioma italianízase o nome xenérico en cefalorinco.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Cephalorhynchus commersonii en ITIS.
- ↑ Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Carwardine, M. (1995), pp. 198-199.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Cephalorhynchus commersonii (Lacépède, 1804) en WoRMS.
- ↑ 5,0 5,1 Reeves, R. R., Crespo, E. A., Dans, S., Jefferson, T. A., Karczmarski, L., Laidre, K., O’Corry-Crowe, G., Pedraza, S., Rojas-Bracho, L., Secchi, E. R., Slooten, E., Smith, B. D., Wang, J. Y. & Zhou, K.(2008): Lista vermella de especies ameazadas da UICN.
- ↑ Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8, p.317.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cephalorhynchus commersonii |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Cephalorhynchus commersonii |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Carwardine, M. (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Guía visual de todos los cetáceos del mundo. Barcelona: Omega. ISBN 84-282-1037-3.
- Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
- Perrin, William F., Bernd Würsig & J. G. M. Thewissen (eds.) (2002): Encyclopedia of Marine Mammals. 2ª ed. San Diego: Academic Press. ISBN 978-0-12-373553-9
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Cephalorhynchus commersonii en ADW (en inglés). Contén numerosas informacións e imaxes da especie.