Saltar ao contido

Georgius Agricola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGeorgius Agricola

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Georg Pawer Editar o valor en Wikidata
24 de marzo de 1494 Editar o valor en Wikidata
Glauchau, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte21 de novembro de 1555 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Chemnitz, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Causa da morteictus Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaZeitz Cathedral St. Peter and Paul (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Leipzig
Universidade de Boloña
Universidade de Padua Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoXeoloxía, Mineraloxía e minaría Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmédico, químico, filósofo, enxeñeiro, mineraloxista, historiador, metalúrxico Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteEnciclopedia de Otto
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 69680 BNE: XX873450 WikiTree: Agricola-106 Find a Grave: 134079716 Editar o valor en Wikidata

Georgius Agricola ou Georg Pawer, nado en Glauchau quizais o 24 de marzo de 1494 e finado en Chemnitz o 21 de novembro de 1555, foi un xeólogo, considerado o pai da xeoloxía moderna. Os seus estudos sistemáticos, da terra e das súas rochas, minerais e fósiles, contribuíron enormemente para a minería, metalurxia, mineraloxía, xeoloxía estrutural e paleontoloxía. Nacido na Saxonia, Agricola estudou na Universidade de Leipzig.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 1522 comezou a estudar medicina, primeiro en Leipzig e despois en Boloña e Padua en Italia onde se graduou en 1526. Nunca foi grande amante da medicina, dedicando os seus estudos á xeoloxía e á mineraloxía. Comezou a exercer a medicina en Joachimsthal en 1527, que era un importante centro mineiro de prata. O seu traballo integra a observación e a documentación de toda a tecnoloxía mineira da época.

En 1531 deixou a Bohemia (hoxe Jachymov, na República Checa) e retornou a Saxonia para asumir o cargo de médico en Chemnitz, onde permaneceu até a súa morte. En Chemnitz exerceu varias funcións públicas, entre elas a de burgomestre (prefecto). É nesa cidade que el enviou ao prelo unha longa serie de traballos, iniciada xa na súa estada en St. Joachimsthal. Da lista de publicacións constan desde un libelo político contra os turcos (que venceran Viena en 1529) até títulos de metroloxía, filosofía, mineraloxía, xeoloxía de mina e económica, minería, zooloxía, medicina e historia. Dúas obras publicadas nese período levaron a Agrícola a ser considerado o Pai da Mineraloxía: De ortu et causis subterraneorum libri V (Xénese dos materiais no interior da Terra, en cinco libros) e De Natura Fossilium ("Os fósiles naturais"), libro que trata dos fósiles, na época considerados como restos mortais de monstros pre-diluvianos. Ambos os libros son de 1546. De Re Metallica ("Da natureza dos metais"), considerado un clásico da mineraloxía, foi publicado un ano despois da súa morte. Na composición desa obra, a gran tarefa de Agrícola consistiu, alén de compilar observacións propias, en tratar e organizar un vasto conxunto de coñecementos e prácticas en franco desenvolvemento, para as cales sequera había terminoloxía latina apropiada. Acabou creando diversos neoloxismos en latín, que tentaban traducir expresións alemás dos mineiros da Erzgebige.[1]

  1. ALKMIM, Fernando Flecha. Obra-prima renascentista. Memória Hoje. Rio de Janeiro: Instituto Ciência Hoje, 2009.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Carolyn Merchant (1980). The Death of Nature: Women, Ecology and the Scientific Revolution (San Francisco: HarperCollins).
  • Ralf Kern (2010). Wissenschaftliche Instrumente in ihrer Zeit. Vol. 1. pp. 334–336 (Cologne: Koenig).

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]