Saltar ao contido

Georgii Plekhanov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGeorgii Plekhanov

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ru) Гео́ргий Валенти́нович Плеха́нов Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de novembro de 1856 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Gudalovka, Rusia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte30 de maio de 1918 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Zelenogorsk, Rusia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortetuberculose Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaLiteratorskie mostki Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía e política Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, sociólogo, economista, historiador da arte, historiador, xornalista, escritor, político, revolucionario Editar o valor en Wikidata
Partido políticoTerra e Liberdade (pt) Traducir
Grupo para a Emancipación do Traballo
Repartição Negra (pt) Traducir
Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioН. Бельтов
Симплициссимус
Утис
Д. Кузнецов
Г. Б.
П. Бочаров
Н. Валентинов
Н. Каменский
А. Волгин
А. Кирсанов
С. Ушаков
Н. Андреевич
A. Volgin Editar o valor en Wikidata
Participou en
30 de abril de 1907 (Xuliano)V Congreso do Partido Obreiro Socialdemócrata de Rusia
17 de xullo de 1903 (Xuliano)II Congreso do Partido Obreiro Socialdemócata de Rusia Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Плеханов Георгий Валентинович)
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX990826 Find a Grave: 12449559 Editar o valor en Wikidata
Georgi Valentínovich Plejánov.

Georgii Valentínovich Plekhanov (en ruso Гео́ргий Валенти́нович Плеха́н), nado en Tambov o 11 de decembro de 1856 (data gregoriana) e finado en Terijoki (Finlandia) o 30 de maio de 1918, foi un revolucionario ruso, teórico e propagandista do marxismo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Achegou moitas ideas ó marxismo no ámbito da filosofía e sobre o papel da arte e a relixión na sociedade. Escribiu amplamente sobre o materialismo histórico, sobre a historia da filosofía materialista, sobre o papel das masas e os individuos na historia, sobre a relación entre a base e a superestrutura, sobre a importancia das ideoloxías, sobre demócratas revolucionarios como Belinsky, Chernyshevsky, Herzen ou Dobrolyubov, sobre a orixe da arte etc. Coa súa obra mestra, publicada baixo o pseudónimo de N. Beltov, A concepción monista da historia, Plekhanov escribiu un libro que segue sendo un clásico do marxismo. Foi tamén o autor da famosa expresión "sen teoría revolucionaria... non hai movemento revolucionario no sentido pleno do termo". Polemizou cos revolucionarios de Narodnaya Volia, o populismo, o terrorismo, o anarquismo e o liberalismo, contribuíndo á difusión do marxismo entre os obreiros e intelectuais de Rusia.

Plekhanov foi un dos organizadores das primeiras protestas políticas en Rusia. Tras un virulento discurso en Kazán en 1876 contra a autocracia tsarista e en defensa das ideas de Chernyshevsky, pasou á clandestinidade. Tras ser arrestado dúas veces, en 1880 exiliouse. Haberían de pasar 37 anos antes de regresar.

Plekhanov foi inicialmente un narodnik, dirixente do grupo Terra e Liberdade, que no exilio entrou en contacto co movemento socialdemócrata de Europa occidental e acometeu o estudo das obras de Marx e Engels. Tras iso rompeu co populismo ruso e converteuse en marxista. En 1883, en Suíza, fundou xunto con Vera Zasulich e Lev Deutsch o Grupo para a Emancipación do Traballo, que se encargou de propagar o marxismo entre os revolucionarios rusos. Trala súa disolución uniuse ó Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso e colaborou con Lenin.

Tralo II Congreso do partido socialdemócrata ruso de 1903, Plekhanov rompeu con Lenin situándose cos menxeviques. Durante a primeira guerra mundial adoptou unha actitude patriótica, oposta ó internacionalismo proletario dos bolxeviques, que buscaba a derrota de Alemaña. Lenin acusouno de social-chovinista na súa Tese de abril. De Plekhanov díxose que acusaba a Lenin de buscar unha guerra civil no movemento socialista ó apoiar a creación dunha nova Internacional trala conferencia de Zimmerwald de 1915 e da consecuente disolución da II Internacional en 1916.

A pesar das súas diferenzas, Plekhanov sempre foi considerado por Lenin como o autor de achegas fundamentais á teoría e filosofía marxista: "Os servizos que rendeu no pasado", escribiu Lenin, "foron inmensos. Durante os vinte anos que van entre 1883 e 1903 escribiu un gran número de espléndidos ensaios, en especial aqueles contra os oportunistas, os machistas e os narodniki". Trala Revolución de Outubro, Lenin insistiu na reedición das obras filosóficas de Plekhanov e incluíunas como lecturas necesarias para os futuros comunistas.

Plekhanov retornou a Rusia trala Revolución de Febreiro e organizou Yedinstvo aínda que tivo que exiliarse outra vez trala Revolución de Outubro por mor da súa hostilidade cos bolxeviques. Faleceu de tuberculose en Terijoki, Finlandia (hoxe en día un suburbio de San Petersburgo, Rusia, chamado Zelenogorsk) e foi enterrado no cemiterio de Volkovo xunto ás tumbas de Belinsky e Dobrolyubov. A pesar das súas discrepancias con Lenin, os comunistas soviéticos glosaron a súa memoria e deron o seu nome á Academia de Economía.

Nas súas actividades políticas adoptou o nome de guerra de Volgin, polo río Volga. Algúns comentaron que o seu pseudónimo influíu ó famoso revolucionario Vladímir Ilich Uliánov que adoptou o nome de Lenin.

  • О материалистическом понимании истории/ O materialisticheskom polimanii istoriii (A concepción materialista da historia)(1891)
  • К вопросу о развитии монистического взгляда на историю/ K Volrosu o razvitii monisticheskogo vzgliada na istoriiu (A concepción monista da historia)(1895)
  • Beiträge Zur Geschichte des Materialismus: Holbach, Helvetius, Marx. Genf: B. Müller, 1896.[1]
  • Anarchisme et socialisme.[2] Publicado en francés en 1895.
  • К вопросу о роли личности в истории / K volrosu o roli lichnosti v istorii (O papel do individuo na historia) publicado en Nauch obozreniye (1898, № a-4)[3]
  • Воинствующий материализм/ Vonistvuioshchii materialism ou Materialismus militans [4](1907)
  • Основные вопросы марксизма/ Osnovnye volrosy marksizma (As cuestións fundamentais do marxismo) escrita entre novembro e decembro de 1907, publicada por vez primeira en San Petersburgo en maio de 1908[5].
  1. "Beiträge zur Geschichte des Materialismus". Google Books (en alemán). Consultado o 10 abril 2018. 
  2. "Anarchism and socialism / by George Plechanoff ; translated ..". hathitrust.org (en inglés). Consultado o 10 abril 2018. 
  3. "К ВОПРОСУ О РОЛИ ЛИЧНОСТИ В ИСТОРИИ". terme.ru (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2018. Consultado o 10 abril 2018. 
  4. "Materialismus militans". Lib.ru (en ruso). Consultado o 10 abril 2018. 
  5. "ОСНОВНЫЕ ВОПРОСЫ МАРКСИЗМА". terme.ru (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2018. Consultado o 10 abril 2018.