Gens Quincia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gens Quincia
Tipogens
PaísRoma Antiga
editar datos en Wikidata ]

A gens Quincia[a] foi un conxunto de familias da Antiga Roma de orixe patricia[2] que compartían o nomen Quincio. A finais do período republicano, apareceron as primeiras familias de orixe plebea. Segundo Plinio o Vello, os membros da gens Quincia, incluídas as mulleres, non levaban adornos de ouro.[3][4]

Historia[editar | editar a fonte]

A gens Quincia foi unha das casas orixinarias de Alba Longa levadas a Roma por Tulio Hostilio e incluídas por el no patriciado.[2] Foi por tanto, unha das gentes minores.[2] O nomen Quincio era un patronímico baseado no praenomen Quintus, que debe pertencer a algún antepasado da gens. A ortografía Quintius foi común en tempos posteriores, pero Quinctius era a forma máis antiga e correcta, que figura nas moedas e nos Fasti Capitolini.[5]

Ao longo da historia da República, os seus membros obtiveron a miúdo os máis altos cargos no estado e produciron algúns homes importantes durante o período imperial. Durante os corenta anos posteriores á expulsión dos reis non se mencionan os Quinctius; O primeiro en obter o consulado foi Tito Quincio Capitolino Barbato no 471 a.C., pero dende este ano, o seu nome aparece constantemente nos Fasti.[6][7][8]

Como outras familias patricias, en tempos posteriores, tamén houbo Quincios plebeos. Algúns destes puideron ser descendentes de libertos da gens, ou de patricios Quincio que voluntariamente se achegaron á plebe. Tamén poderían ser persoas alleas que chegaron a compartir o mesmo nomen.[4]

Praenomina usados pola gens[editar | editar a fonte]

Os principais praenomina usados polos Quincios eran Lucio e Tito. A familia tamén usou os nomes Caio, Cesón, Cneo e Quinto. Outros praenomina poden ser usados polos Quincios plebeos.

Ramas e cognomina da gens[editar | editar a fonte]

As tres grandes familias patricias da gens Quincia levaban os cognomina Capitolino, Cincinato e Flaminino.[4] Xunto a estes, atopamos a Quincio con Ata, Claudo, Crispino, Scapula, Hirpino e Trogo.[4] Algúns membros da gens non levaban o cognomen. O único cognomen que aparece nas moedas é Crispino Sulpiciano, durante a época de Augusto.[4][9]

  • O cognomen Capitolino deriva do outeiro Capitolino, un dos famosos sete outeiros de Roma.[10]
  • O agnomen Barbato desta familia significa barbudo.[11]
  • Cincinato refírese a alguén con cabelo fino e rizado, como o agnomen Crispino, que pertenceu aos posteriores Capitolinos.[11]
  • Flaminino probablemente derive do flamen, que tamén deu orixe á gens Flaminia. Pode significar que un antepasado era un flamen, ou quizais un servo de flamen.[12] Esta familia aparece por primeira vez na historia durante a Segunda guerra púnica e seguiu sendo unha familia destacada durante o século seguinte.[13]

Algúns dos Quinctius levaron varios cognomina, Cincinato e Capitolino; os homes de ámbalas dúas familias tamén levaban o cognomina Peno. Segundo Isidoro, isto tiña o significado de forte: pennum antiqui acutum dicebant.[14] Alternativamente, o nome puido estar relacionado con penna (co significado de pluma ou ala).[15]

Membros destacados da gens[editar | editar a fonte]

Quincios Capitolinos[editar | editar a fonte]

Quincios Cincinatos[editar | editar a fonte]

Quincios Claudos[editar | editar a fonte]

Quincios Flamininos[editar | editar a fonte]

Outros[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. En latín, gens Quinctia ou Quinctii. A escritura orixinal variaba entre Quinctia e Quintia.[1]
  2. O seu nome aparece como "Quintílio" en Tito Livio, aparentemente un erro, pois "Cneu" non era un prenome utilizado polos Quintílios.
Referencias
  1. Gundel, H. G. (1963). «Quinctius», RE vol. XXIV.
  2. 2,0 2,1 2,2 Smith (1870) vol. III, p. 633
  3. Plinio o Vello, Naturalis Historia, XXXIII. 1. s. 6.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Smith (1870) vol. III, p. 634
  5. George Davis Chase, "The Origin of Roman Praenomina", in Harvard Studies in Classical Philology, vol. VIII (1897).
  6. Smith (1870) vol. III, pp. 633-634
  7. Tito Livio, Ab Urbe Condita, i. 30.
  8. Barthold Georg Niebuhr, History of Rome, ii. 291, 292.
  9. Joseph Hilarius Eckhel, Doctrina Numorum Veterum, v. 291.
  10. Smith (1870), Vol. I, p. 603 ("Capitolinus")
  11. 11,0 11,1 Chase (1897), p. 110
  12. Chase (1898), p. 112
  13. Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology, William Smith, Editor.
  14. Isidoro de Sevilla, Etimoloxías, XIX. 19.
  15. D.P. Simpson, Cassell's Latin & English Dictionary (1963).
  16. Broughton (1951), vol. I, p. 30.
  17. Broughton (1951), vol. I, p. 32.
  18. Broughton (1951), vol. I, p. 33.
  19. Broughton (1951), vol. I, p. 51.
  20. Broughton (1951), vol. I, p. 53.
  21. Broughton (1951), vol. I, p. 56.
  22. Livio, Ab Urbe Condita, IV. 43.
  23. Broughton (1951), vol. I, p. 69.
  24. Livio, Ab Urbe Condita, IV. 61.
  25. Zonaras, Epitome Historiarum, vii. 20.
  26. Broughton (1951), vol. I, p. 80.
  27. 27,0 27,1 Broughton (1951), vol. I, p. 101.
  28. Livio, Ab Urbe Condita, VI. 11.
  29. Broughton (1951), vol. I, p. 119.
  30. Broughton (1951), vol. I, p.124.
  31. Broughton (1951), vol. I, p. 127.
  32. Fasti Capitolini
  33. Livio, Ab Urbe Condita, VII. 18.
  34. Broughton (1951), vol. I, p. 143.
  35. Broughton (1951), vol. I, pp. 289-290
  36. Münzer, Römische Adelsparteien und Adelsfamilien, p. 117
  37. Broughton (1951), vol. I, p. 371.
  38. Fasti Capitolini.
  39. Broughton (1951), vol. I, p. 37
  40. Broughton (1951), vol. I, p. 39
  41. Broughton (1951), vol. I, p. 56
  42. Broughton (1951), vol. I, p. 57
  43. Broughton (1951), vol. I, p. 67
  44. Broughton (1951), vol. I, p. 70
  45. Livio, Ab Urbe Condita, IV. 16, 17, 35, 44.
  46. Diodoro Sículo, Bibliotheca Historica, xii. 38, xii. 81.
  47. Broughton (1951), vol. I, p. 59
  48. Broughton (1951), vol. I, p. 63
  49. Broughton (1951), vol. I, p. 65
  50. Broughton (1951), vol. I, p. 66
  51. Broughton (1951), vol. I, p. 74
  52. Livio, Ab Urbe Condita, IV. 49, 61.
  53. Diodoro Sículo, Bibliotheca Historica, xiii. 34, xiv. 17.
  54. Broughton (1951), vol. I, p. 98
  55. Broughton (1951), vol. I, p. 102
  56. Broughton (1951), vol. I, p. 100
  57. Broughton (1951), vol. I, p. 101
  58. Livio, Ab Urbe Condita, VI. 6, 32, 33.
  59. Diodoro Sículo, Bibliotheca Historica, xv. 25, 28, 61.
  60. Livio, Ab Urbe Condita, VI. 32.
  61. Livio, Ab Urbe Condita, VI. 36.
  62. Livio, Ab Urbe Condita, VI. 38, 42.
  63. Diodoro Sículo, Bibliotheca Historica, xv. 78.
  64. Fasti Capitolini.
  65. Cassiodoro, Chronica, 354.
  66. Broughton (1951), vol. I, p. 198
  67. Livio, Ab Urbe Condita, XXII. 33.
  68. 68,0 68,1 Smith (1870) vol. III, p.161
  69. Livio, Ab Urbe Condita, XXV. 2.
  70. Broughton (1951), vol. I, p. 350
  71. Broughton (1951), vol. I, p. 330
  72. Broughton (1951), vol. I, p. 360
  73. Livio, Ab Urbe Condita, XLI. 12.
  74. Livio, Ab Urbe Condita, XLI. 43, XLV. 42, 44.
  75. Cícero, Cato Maior de Senectute, 5, Epistulae ad Atticum, xii. 5.
  76. Plinio, Historia Natural VII. 36.
  77. Livio, Ab Urbe Condita, XXVI. 39.
  78. Marco Terencio Varrón, De Lingua Latina libri XXV, VI. 90-92, ed. Müller.
  79. Cícero, Pro Quinctio.
  80. Horacio, Carmina II. 11, Epistulae, I. 16.
  81. Syme (1989), p. 57
  82. Plinio, o Vello, Naturalis Historia, VII. 53, s. 54.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]