Magister equitum
| Roma | |
|---|---|
| Monarquía | |
| República | |
| Imperio | |
| Principado | Dominado |
| Imperio de Occidente | Imperio de Oriente |
| Maxistrados Ordinarios: | |
| Maxistrados Extraordinarios: | |
|
|
| Oficiais e Títulos: | |
| Institucións e normas: | |
O Magister Equitum -traducido xefe de cabalería, ou mariscal da cabalería- era un cargo político da antiga Monarquía Romana, que actuaba ás ordes do rex á fronte da reducida cabalería do exército.
Ao desaparecer a monarquía, o cargo pasou á República Romana, pero dun xeito diferente a como existira baixo aquela. Así, o sistema romano de maxistraturas ordinarias utilizaba sempre o principio de colexialidade, polo cal, cando se producía unha emerxencia que facía necesario designar un Ditador, este nomeaba como lugartenente seu un Magister Equitum. En teoría, este encargábase de dirixir a cabalería do exército romano, mentres que o Ditador mandaba a infantería.
Este cargo correu a mesma sorte que a Ditadura, e deixou de se utilizar no século -II.
No Baixo Imperio, o título de Magister Equitum foi recuperado como un alto honor da Corte imperial, que se asignaba a militares prestixiosos e de gran experiencia para exercer o mando das unidades de elite de cabalería dos exércitos imperiais.
Bibliografía[editar | editar a fonte]
Fontes clásicas:
- Tito Livio, III 2; VI 39; VIII 17; IX 38; XXII 57.
- Polibio, III 103, 106.
- Cicerón, de Legibus III 3.
- Dión Casio, XLII, 21, 27.